sábado, 20 de abril de 2013

XURXO MARIÑO

PRESENTACION
 
 
Temos hoxe  (15/04/13) o pracer de ter con nós a Xurxo Mariño, investigador galego do campo da neurociencia, que ademais fai uso da nosa lingua para difundir contidos científicos, algo que agradecemos enormemente porque no ámbito da ciencia o galego aínda non ten normalizado o seu uso.

É biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, e ten un Máster en Neurociencia pola Universidad Internacional de Andalucía. É profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, e imparte materias en centros universitarios da Coruña, Ferrol e Santiago.

Entre a súa bibliografía destacamos obras como Os dados do reloxeiro, Po de estrelas, ou a recentemente publicada Neurociencia para Julia.
        Foi moi interesante a conversa sobre as neuronas e o cerebro. respostou todalas nosas preguntas, que foron bendelas  e ben complicadas .
     Fixo experimentos curiosos, aprendemos un feixe de cousas e pasamolo ben.








Grazas

domingo, 7 de abril de 2013

Día do Medio Ambiente











O día 22 recibimos a visita dos Tecnicos do Distrito Terra de Lemos, falaronnos da importancia do coidar o noso Medio. Contaronnos como o facían eles.




                                                                   

DIA DA ÁRBORE

Os dias 21 e 22 de Marzo celebramos o día da árbore, o 21 lmos uns contos que nos mandaron da Diputación e nos tamén acordamos inventar un conto que falase da natureza aqui os temos.