viernes, 10 de mayo de 2013

DÍA DO LIBRO

A biblioteca organizou varias actividades:
 Lectura dun kamishibai:
 










Para o Antroido  elixiramos o tema dos disfraces baseandonos no conto preferido.
Ahora representamos as historias e expuxemos os libros, e fomos collendoos para leer.
 

Os alumnos de 1º da ESO foron a leerlles aos nenos/as de Infantil contos que eles disfrutaron como podedes ver nas imaxes


sábado, 20 de abril de 2013

XURXO MARIÑO

PRESENTACION
 
 
Temos hoxe  (15/04/13) o pracer de ter con nós a Xurxo Mariño, investigador galego do campo da neurociencia, que ademais fai uso da nosa lingua para difundir contidos científicos, algo que agradecemos enormemente porque no ámbito da ciencia o galego aínda non ten normalizado o seu uso.

É biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, e ten un Máster en Neurociencia pola Universidad Internacional de Andalucía. É profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, e imparte materias en centros universitarios da Coruña, Ferrol e Santiago.

Entre a súa bibliografía destacamos obras como Os dados do reloxeiro, Po de estrelas, ou a recentemente publicada Neurociencia para Julia.
        Foi moi interesante a conversa sobre as neuronas e o cerebro. respostou todalas nosas preguntas, que foron bendelas  e ben complicadas .
     Fixo experimentos curiosos, aprendemos un feixe de cousas e pasamolo ben.








Grazas

domingo, 7 de abril de 2013

Día do Medio Ambiente











O día 22 recibimos a visita dos Tecnicos do Distrito Terra de Lemos, falaronnos da importancia do coidar o noso Medio. Contaronnos como o facían eles.




                                                                   

DIA DA ÁRBORE

Os dias 21 e 22 de Marzo celebramos o día da árbore, o 21 lmos uns contos que nos mandaron da Diputación e nos tamén acordamos inventar un conto que falase da natureza aqui os temos.

miércoles, 13 de marzo de 2013

¡VAMOS A LUGO!


O  día  seis de Marzo de 2013
              Acercámonos  a  Lugo para coñecer cousas que nos interesan e que non atopamos no noso entorno próximo.
               Despois de acompañar os noso compañeiros de Secundaria o Museo Provincial de Lugo, estivemos  na Fundación de Nova Galicia Banco, onde había unha exposición de pinturas galegas.
Laura despois de saudarnos ofreceunos o idioma para utilizar e todos dixemos a unha EN GALEGO.
Na mesma entrada había a pintura dun personaxe, sobre un cartón, ¡que boa forma de reciclar!, logo fíxonos un xogo que consistía en buscar a Rosiña, que seica era a irmán do personaxe.
             Un exercicio de colorear unhas baleas e pegalas nunha cuartilla, axudounos a ver o cadro que indicaba movemento.
               Así fomos vendo tódolos cadros, “O ollo que todo o ve”, “A piscina”… e tamén o nome de Pintores coma: Tino Grandío, Lodeiro….
                Por fin as pistas leváronnos ao  taller e alí tamén nos pintamos. Nunha cartolina con ceras de cores, e un clip sacamos un debuxo ben chulo.
            


       Desde aquí para o Museo Provincial
. Un guía estaba agardando por nos para ensinarnos cousas no Museo.  A historia do edificio, os comezos do  Museo … Todo isto nunha lareira onde non faltaba de nada, potes, olas, lacenas…
O claustro cos reloxos de sol , o pozo ....
              Primeira planta, un Franciscano, logo a sala do ouro: Torques , brazaletes…¡ que coquetos eran os Castrexos !   o carneiro alado … e como non,  Os tesouros do Caurel: Aguía e Tesera.
De pasada cara a sala de pinturas ollamos rapidamente moedas … louza…
Estivemos vendo as pinturas de Julia Minguillón, a Escola da Doloriñas, engaiolounos un cacho.

         Hora de comer. Restaurante “Os Tilos”.Todo rico, rico.
Catedral
              Entramos pola Porta Norte,  Pantocrator, logo xa dentro subimos o primeiro andar onde nos contaron  as distintas etapas da Catedral, chamounos a atención que despois do Terremoto de Lisboa, lle ampliasen un cacho e fixeran a Porta Principal como está ahora.
       Había moitas cousas: Cálices, imaxes,…e o Crismón da Ermida de Quiroga. Continuamos o percorrido polos tellados. ¡Que vistas da cidade! Por unha ventá chegamos a un tellado dende o que se vía o Claustro.
Baixamos o Claustro, onde nos contaron sobre a fonte e sobre as cloacas.
        Xa era hora de volver, pero rapidiño vimos as pinturas do Altar Maior, O Coro e por suposto a Nosa Señora dos Ollos Grandes.
                          Un día moi ben aproveitado