jueves, 20 de marzo de 2014

OBRADOIRO DE POESIA

Os do 3º ciclo participamos nun obradoido de poesia, para o que contamos con Yolanda Castaño.
Falounos da súa poesia, deunos pautas para que nos comenzasemos a escribir poesía, a partir dunha palabra escribimos un verso, que ela nos valorou e nos axudou a melloralo, por último fixemos unha poesia entre todos.
Exemplos:
   Cando cae neve no val, un vestido de noiva aparenta.
    A praia é como uns grans de maíz e un baixo ceo azul.

Conxunta:
    O sol é a alma da lúa
    O sol é unha estufa que non se apaga nunca
    O  sol é o lume esférico
    O sol é unha bombilla  amarela que deslumbra.







sábado, 18 de enero de 2014

O NADAL

  Chegou e con el o final do 1º trimestre, coma tódolos anos  facemos unha  pequena festa este ano:









Alumnado de 1º e 2º da ESO prepararon unha coreografía para a canción de Abrán Mateo, "señorita"-

  Os de Primaria cantaron unha versión da canción de Alaska "Imos cambiar o mundo ".

Lara cantounos "Unbroken" de Demi Lovato.













Alba  cantou "what now" de Riana.




O alumnado da ESO representou unha adaptación dun cómic de Miguelanxo Prada, sobre bruxas e ....




Os alumnos/as de 1º da Eso fixeron unha historia representada con sombras chinas.



As nenas de infantil cantaron "Vai chegar o nadal".


Tamen se fixo entrega dos premios do concurso de postais  e foron premiados:
  Secundaria:    Ivai Irati Guirado Vizcaino
  Primaria:  Antía Álvarez González
  Infantil Todos tiveron premio






jueves, 9 de enero de 2014

OBRADOIRO DE INGLÉS

O pasado 19 de decembro do 2013no CPI POETA UXÍO NOVONEYRA (nas súas tres etapas -Infantil, Primaria e ESO-) disfrutamos dun obradoiro de inglés e francés con profesorado nativo. A actividade cunha finalidade de inmersión lingüística e cultural nun idioma estranxeiro, organizouse en dúas modalidades: por un lado, un obradoiro de inglés para o alumnado de educación infantil, primaria e ESO e; por outro lado, un obradoiro de lingua francesa para o alumnado de ESO.
OBRADORIO DE LINGUA INGLESA:
A actividade realizada integramente en lingua inglesa (maiormente porque a profesora nativa non dominaba o castelán -o cal non deixaba de ser unha vantaxe por paradóxico que pareza-) tivo como eixe temático a India. Os alumnos de infantil e primaria coa axuda inestimable e a complicidade da profesora fixemos unha viaxe imaxinaria cara a India.
Comenzamos por coñecer o planeta Terra, ubicando a India nunha alfombra que representaba o planeta. A continuación partimos dun imaxinario aeroporto de Madrid para viaxar en avión ata a India. Unha vez alí, descubrimos os costumes culturais máis importantes deste exótico país (a súa vestimenta, a súa lingua, as súas xentes, a bandeira, a súa distribución xeográfica, a simboloxía sagrada...).
Na última parte da sesión, pudemos descubrir significativos aspectos culinarios da cultura India, a través do olfateado de 20 especies diferentes usados para cociñar. A través destas especies  non só descubrimos novas palabras en lingua inglesa, senón tamén novos olores e sabores propios dunha realidade e unha sociedade tan afastados xeográfica e culturalmente.
Para rematar, xusto é dicilo, a viaxe realizouse en inglés na súa totalidade, o que supuxo unha experiencia de aprendizaxe moi boa e interesante: recordamos vocabulario xa sabido e descubrimos outro novo, practicamos a conversa en lingua inglesa cunha persoa anglo-parlante nun contexto natural, cargado de ricos matices comunicativos.

E por riba pasamolo xenial.





Tamén a prensa se enterou



jueves, 19 de diciembre de 2013

LIBERACIÓN DUNHA MARTA



Fai un tempo atopouse  en Ferreirós  unha marta malferida, hoxe tuvemos a satifacción de devolvela o seu habitat natural.
Podemos vela asustada dentro do transportin, tampouco é de extrañar que non se atrevese a sair diante de tanta xente, pero por fn si o fixo e ¡como corria!!


 Desexamos que teña longa vida e que non se cruce con un cazador desaprensivo.

lunes, 16 de diciembre de 2013

OS DEREITOS DOS NENOS/AS 2013


Os DEREITOS DOS NENOS/AS 2013
Pareceunos interesante mirar como son tratados os nosos dereitos e para elo, primeiro buscamos información tivemos un coloquio entre todos, e cada un  dixo algo relacionado cos dereitos, opinamos sobre os nosos reales  ¿educación gratuita? non nos quedou claro. Tampouco tivemos claro eso da discriminación por lugar de nacemento.
Ainda así sabemos que somos privilexiados.
Elaboramos un cartel e colocámolo non lugar visible do colexio, e ahora podedes vernos cando o colgamos.

martes, 3 de diciembre de 2013

Visita o Nacemento do Lor

No PROXECTO VOZ NATURA 2013-2014 Pretendemos establecer lazos co río. Para elo pensamos que sería boa idea coñecer mellor o noso Rio Lor e que tamén sería bo facerlle unha visita.
A Primeira parada, foi para ver o val que fai o río así como situar as minas da Toca e do Torubio.
Comenzamos visitando o seu nacemento, para elo contamos coa axuda da Mestra de Relixión, ella contounos que hai dos posibles nacementos un está en Fonteboa e o outro en Fonlor.


O de Fonteboa chamanlle a Fonte do Cubo, alí pudemos ver como efectivamente nace a auga e nace moita xa a aproveitan para regar os prados (uso agrícola) e tamen a aproveitaron para un uso industrial, pois había un muiño ou aceña.
Fomos logo a ver o outro sitio no que dicen que nace o chamado Veigadollo alí tamen hai unha boa fonte. Ali pudemos comprobar que había máis árbores, pero chamounos a atención como nunhas árbores caídas lles medraban as ramas no tronco ( as árbores, buscan a luz e sempre medran cara arriba) o Uso agrícola seguia funcionando.
Aproveitamos , para ver o rastro dalguns animais, estaba fozado do xabarín, excrementos de vacas e de cabalos, e tamén nos fixamos no azafran silvestre si a que nos lle chamamos tollemerendas, quitamerendas ...

A continuación fixemos unha paradiña no Lugar de Chan de Pena, é un lugar moi fermoso, e no centro do lugar hai unha fonte con un amplo lavadoiro, ahora que xa temos lavadora en todalas casa , fixosenos extrano aquel lavadoiro con xabrón e todo.


Hora de comer Romeor foi o sitio elexido, acompañounos o ruido do Rio Romeor (dixeronnos que poderia vir de Rio menor) afluente do Lor , gustounos que os veciños nos dixerón que se podia beber da auga do Rio, xa que implica que o teñen limpo é coidado.
Contaronnos que fai anos tiña troitas, e unha familia que tampouco tiña luz electrica, fixoselles de noite, colleron a auga do río para a cena e cando se puxeron a escorrer os cachelos había unha troita na pota.
Aqui disfrutamos da compañía de Pablo un neno de dous anos que andivo con nos, tamén tivemos a sabeduría de o Sr. Juán Manuel, que nos ensinou o muiño e tamen o sitio de facer o pan.
Gustounos ver as cousas do muiño, a peneira, a tramoxa, a criba …... a fariña, o salvado.....
Tamén vimos e lemos o monolito que fala do acueducto Romano que se conserva e que fixeran para levar a auga para o Turubio



Seguinte parada foi na mina do Turubio, de frente a mina da Toca. En tempos dos Romanos sacaron o ouro e o Río Lor tamen lles axudou pois utilizarono como lavadoiro e tamen como medio de transporte. Ademáis utilizaron os afluentes para facer a “ruina Motium” ( sistema para escavar a terra e coller o ouro). Tamen soupemos que o Río Lor é un río aurífero.




Como nos quedaba moi cerquiña fomos ver o enclave do Castelo do Carbedo, aprendimos algo de historia e aproveitamos para recordar o noso veciño Uxío Novoneyra e lemos o seu Ilda, o lobo, o corzo e o xabarin conto que fala dunha rapaza que viviu nese castelo.



Por último paramos na Ponte de Esperante, porque alí remataba o conto, tamén porque ali cruzamos o Rio Lor, porque hai dúas pontes de disitinta época, porque hai unha presa, e porque vimos como eran capaces de pasar a auga dun lado o outro para regar mellor os prados.





Aprendemos que o Río tivo e ten moita importancia na vida das xentes, que teñen a sorte de ter un río preto.