martes, 11 de noviembre de 2014

VISITA A RIBEIRA SACRA

A primeira parada era obligatoria no mirador de Soutochao, poidemos apreciar a diferencia de vexetación que hai entre a Provincia de Lugo, moito viñedo e a provincia de Ourense, moitas árbores.
                               








    Continuamos ata o embarcadoiro de Doade, si vas a Ribeira Sacra has de facer unha viaxe no catamarán,  foi unha experiencia doble por un lado unha viaxe en barco, e por outra a guia deunos un montón de información sobre os viñedos, os raís, o tipo de uvas, de viños ....ahora entendemos o da "viticultura heroica"









   Era hora de comer e aló nos fomos a Marcelle, xa estaban agardando por nos en Casa Felisa, despois da comida, poidemos disfrutar na Escola de Equitación, vimos os cabalos, explicaronnos as diferentes razas, por certo o velos todos xuntos é fácil apreciar as diferencias, logo vimos co se ensilla un cabalo, a continuación demos un paseo, iamos contentos e tranquilos pois confiabamos na monitora que non soltou as rendas do cabalo para nada.


Continuamos recorrido e chegamos a Gundivós, tamén nos agardaba Elias, un mozo que traballo o barro coma fai moitos anos, ensinounos a lareira que conservan no edificio, era a zona dos criados
Foi espectacular ver o alfareiro traballar, e tamen queremos agradecerlle que garde esta  forma de traballar, para ter cousas orixinais e interesantes.

martes, 28 de octubre de 2014

PROXECTO RÍOS

       Coa Profe de Secundaria Lourdes González Sotelo, os alumnos de 2º da ESO, a nosa Titora e nós, fixemos a primeira actividade  fora do Cole así que vamos a contala.
       Acercámonos o RIO SELMO, dividimonos en dous grupos  e comenzamos:
Un grupo  fixo un estudio dos macroinvertebrados que se atopan nese río.
   O outro grupo unhas analise físico-química (temperatura, PH,conductividade...), asi coma unha observación do habitat nos arredores do río.
      Despois acercamonos ata Esperante donde comemos disfrutando da beleza  do RÍO LOR, logo acercámonos mais ao Río e cambiamos a actividade.
  fixemos o estudio dos macroinvertebrados e   a analise físico-quimica  e a observación do habitat.
 Alternando os grupos







   







 Esta actividade gustounos moito, e ademais aprendemos moitas cousas sobre os ríos.
     Por un día sentimonos verdadeiros investigadores.






martes, 16 de septiembre de 2014

CURSO 2014/2015

Comenzamos curso, e este ano Antía pasou para 1º da ESO,  e polo tanto continuamos os demais: Adrián Aira Saco de 6º.
Arnau Visuña Costa de 5º.
Kepa Guirado Vizcaino de 5º
 E tamén contamos coa colaboración de:
Súa Guirado Vizcaino de 4º

martes, 12 de agosto de 2014

GRADUACION


Este ano graduaronse Lara e Pablo, que xa abandonan o noso Colexio e tamen Antía, xa pasa para a ESO

FESTA FIN DE CURSO

Coma todolos anos o último día de cole hai un festival este ano tamén  asi que aqui tedes un resumo.









sábado, 2 de agosto de 2014

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Acercarnos a Compostela foi case unha obriga, visitamos o aeroporto de LAVACOLLA, ali recibiunos a mesma persoa que recibe as autoridades, fixemos un recorrido tal coma se fosemos a Madrid e volvesemos, mesmo o profe tivo que sacar o cinto e o reloxo.
Despois estivemos na Biblioteca Provincial, gustounos o silencio e tamen algun dos libros, tamen nos fixamos na zona da Banda Deseñada.

Cando saimos fomos ata a Catedral, polo camiño vimos a antigua Compostela, a Catedral impresionounos moito, comprobamos as cousas que encontraramos en internet, e asi podemos admirar o Portico da Gloria.







Abrazamos o Apostolo e saímos vimos as Prazas do Obradoiro e tamén a da Quintana
.  Continuamos pola rúa do Franco e xa na Alameda despois de saudar as Marías xantamos alí na Alameda.
 Por último fomos ata o OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN MARÍA ALLER alí ampliamos moito os coñecementos que tiñamos dos astros e tamén dos Investigadores, salimos dalí coas ganas de montar un telescopio nos nosos lugares.
Rubén o noso profe de inglés ensinounos as bibliotecas todas, por elo fixose merecedor do apodo de Rato de Biblioteca, pero tamen nos ensinou o seu lado de estudiante traste cando chegamos onde as Marías