Comenzamos curso, e este ano Antía pasou para 1º da ESO, e polo tanto continuamos os demais: Adrián Aira Saco de 6º.
Arnau Visuña Costa de 5º.
Kepa Guirado Vizcaino de 5º
E tamén contamos coa colaboración de:
Súa Guirado Vizcaino de 4º
martes, 16 de septiembre de 2014
miércoles, 13 de agosto de 2014
martes, 12 de agosto de 2014
GRADUACION
Este ano graduaronse Lara e Pablo, que xa abandonan o noso Colexio e tamen Antía, xa pasa para a ESO
sábado, 2 de agosto de 2014
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Despois estivemos na Biblioteca Provincial, gustounos o silencio e tamen algun dos libros, tamen nos fixamos na zona da Banda Deseñada.
Abrazamos o Apostolo e saímos vimos as Prazas do Obradoiro e tamén a da Quintana
. Continuamos pola rúa do Franco e xa na Alameda despois de saudar as Marías xantamos alí na Alameda.
Por último fomos ata o OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN MARÍA ALLER alí ampliamos moito os coñecementos que tiñamos dos astros e tamén dos Investigadores, salimos dalí coas ganas de montar un telescopio nos nosos lugares.
Rubén o noso profe de inglés ensinounos as bibliotecas todas, por elo fixose merecedor do apodo de Rato de Biblioteca, pero tamen nos ensinou o seu lado de estudiante traste cando chegamos onde as Marías
lunes, 30 de junio de 2014
Monforte de Lemos

As nosas inquedanzas estan relacionadas coa conservación do Medio, e tamén cos medios de comunicación, para saber

mais chegamos a Monforte de Lemos, alí visitamos a "Base Helitransportable de Marroxo, dependente da Consellería de Medio Rural.
O Sr. Vicente, axente forestal, explicounos un montón de cousas sobre como funciona aquela base, gustounos moito a exposición da evolución do servicio dun axente forestal, pero claro os helicópteros encantaronnos, subimos a tres diferentes, vímolos aterrar e despegar.
Pero mais tarde fomos o MUSEO DEL FERROCARIL, gustounos todo a viaxe, os vagons , a maqueta, pero a MIKADO namorounos a todos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





