Na nosa intención de coñecer o Noso
Medio, este curso tocoulle o Lugar de Vilar por varias razóns
Por pertenecer o que nos chamamos
Caurel Baixo. Porque ese Lugar ten un museo etnográfico. E por mais
cousas que veremos.
O chegar o Colexio collemos os
cadernos de ruta, e en marcha comenza a ruta e comenza a observación.
A mestra foinos explicando o distintos
tipos de vexetación, os Castros que se ven, o nome das montañas, os
rios e como non os lugares.
Xa en Vilar, estaba agardandonos o Sr.
Juan que nos acompañou todo o tempo e que nos ensinou un montón de
cousas.
O comenzo ensinounos como fai para
apañar as castañas cando hai folla no chan, utiliza unha esquilla
feita por él.
Case na entrada do Lugar hai xa
carros, rodas , cubetes..... tamén ten zonas axardinadas, pero con
pimentos, tomates......


Dentro ten unha morea de utensilios, podes atoparte con unha albarda, un ferro de pasar, un sarillo, uns galochos....unha serra, unha garlopa.... O Sr. Juan díxonos os nomes, para que se utilizaban e todalas preguntas nosas tiveron unha resposta satifatoria.
Levounos a súa fragua e alí
participamos na feitura dun sacho, foi o que mais nos gustou velo e
participar.
Tamen había por ali un rapaz da beira
do mar que estaba de vacacións co Sr Juan, e que nos acompañou.
Contestounos as preguntas que lle
fixemos e logo despedida. Acompañounos ata o autobus que estaba na
entrada do Lugar.
Como lle contamos do noso proxecto para
plantar un horto, regalounos duas sachas que levamos o colexio con
moita alegria e agredecemento.
Voltamos para o cole con un montón de
cousas que antes non sabiamos e co agradecemento os nosos veciños
Juan e Maura que tan ben nos acompañaron.
Dende aquí moitas grazas de todos nos













No hay comentarios:
Publicar un comentario