sábado, 19 de enero de 2013


Hoxe 18 de xaneiro do 2013  Luisa Martinez da Unidade de Cultura Cientifica do CSIC de Galicia achegouse o noso Colexio co programa Exper-i-Ciencia  CSIC 2013e coa colaboración Fundación Barrie.
Co obxectivo de Achegar a Ciencia os Centros de Ensino dende E. Infantil   a Bacherelato. Expuxonos para Infantil e Primaria: " Que traballo tan curioso"  e para os da ESO " A oceanografía".









martes, 15 de enero de 2013

A VISITA A VILAR


         Na nosa intención de coñecer o Noso Medio, este curso tocoulle o Lugar de Vilar por varias razóns
             Por pertenecer o que nos chamamos Caurel Baixo. Porque ese Lugar ten un museo etnográfico. E por mais cousas que veremos.
             O chegar o Colexio collemos os cadernos de ruta, e en marcha comenza a ruta e comenza a observación.
               A mestra foinos explicando o distintos tipos de vexetación, os Castros que se ven, o nome das montañas, os rios e como non os lugares.

 Xa en Vilar, estaba agardandonos o Sr. Juan que nos acompañou todo o tempo e que nos ensinou un montón de cousas.
         O comenzo ensinounos como fai para apañar as castañas cando hai folla no chan, utiliza unha esquilla feita por él.
        Case na entrada do Lugar hai xa carros, rodas , cubetes..... tamén ten zonas axardinadas, pero con pimentos, tomates......
     Dentro ten unha morea de utensilios, podes atoparte con unha albarda, un ferro de pasar, un sarillo, uns galochos....unha serra, unha garlopa.... O Sr. Juan díxonos os nomes, para que se utilizaban e todalas preguntas nosas tiveron unha resposta satifatoria.                                                         







                                                                                                             



    
          Levounos a súa fragua e alí participamos na feitura dun sacho, foi o que mais nos gustou velo e participar.

                Logo fomos a ver a capilla de San Roque e tamen nos contou que antes era alí onde estaba o Lugar, e tamén estivemos na entrada do Castro, solo a entrada os/as profes non quixeron entrar porque é un sitio perigroso.

               A volta mandounos entrar a casa, vimos unha lareira e como asaba castañas no tambor, pero mandounos para o comedor, na lareira habia fumo, xa no comedor (unha estufa encendida) quentiños comemos a nosa empanada, pero o Sr. Juan invitounos a castañas asadas (boiiiiisimas) e a roscas.
     Tamen había por ali un rapaz da beira do mar que estaba de vacacións co Sr Juan, e que nos acompañou.
       Contestounos as preguntas que lle fixemos e logo despedida. Acompañounos ata o autobus que estaba na entrada do Lugar.
        Como lle contamos do noso proxecto para plantar un horto, regalounos duas sachas que levamos o colexio con moita alegria e agredecemento.

 A volta paramos en Folgoso para falar coa Sra. Maura unha gran tecedeira que hoxe está xubilada pero que conserva o tear e que nos explicou todo o proceso do liño dende que o botaba no leiro ata que saía unha fermosa colcha.




           Voltamos para o cole con un montón de cousas que antes non sabiamos e co agradecemento os nosos veciños Juan e Maura que tan ben nos acompañaron.


Dende aquí moitas grazas de todos nos

lunes, 19 de noviembre de 2012

COMPOSTAXE


Comenzamos preparando un composteiro que nos mandaron os de SOGAMA. Participaron tódolos alumnos/as do Colexio, Os mestres de Primaria e a profesora de Tecnoloxia.




        Recollemos as follas que caen o patio.






E tamén botamos restos do comedor: mondas de laranxas....

sábado, 17 de noviembre de 2012

AS NOSAS HISTORIAS DE MEDO


               A SANGUENTA VENDIMA


                              Por Paula Fuentes


               Fai tempo nun pobo de San Clodio, Torbeo, fixerase unha gran vendima a que fora xente de moitos pobos e entre eles a avoa de María.
                      Ao chegar ao pobo todos querían pisar as uvas pero un señor moi vello o que naide coñecía meteuse e non deixou que naide máis pisase. Cando xa estaba pisando ao señor deulle un ataque ao corazón e morreu.
                       Días máis tarde fixose o seu enterro e acudiron todos os presentes na vendima a iglesia de San Clodio. No medio da misa unha señora de Folgoso cahamada Estrella , a bisavoa de Antía, fixo parar a misa para decir que non era boa idea facer o seu enterro, pero naide lle fixo caso e marchouse. Sairon a enterralo e xusto cando puxerón a tapa oiuse unha voz de ultratumba que decía: “Pobres inocentes”
                         Nese intre o cementerio explotou e con el morreron todos, menos a avoa de María , que estaba máis lonxe caos demáis porque lle afectara o que lle dixera Estrella e viu perfectamente como todo estaba roto menos a tumba do señor.
                         Ainda agora se vas ao cementerio podes ver a sua tumba intacta e as outras reconstruidas.









OS PREMIADOS POLAS SUAS CREACIONS

PREMIOS