Unha viaxe a Lugo
O pasado día 20 fomos os de infantil e primaria a Lugo.
Os transportes habituais levaronnos o colexio para dende alí, Autos Severo, nos levara a Lugo, queríamos ir a patinar, o cine, e comer ao MC´Donalds.
Cando chegamos fomos ata a pista de patinaxe en xeo, pasámolo super ben, había algunos que xa sabían pero aínda así todos caemos,sobre todo ao principio, porque ao final xa o facíamos bastante ben; claro que ata as caídas foron divertidas, pois a ninguén lle pasou nada, e que nin os bonecos da pista nos paraban, bueno algún ao saírmos da pista tuvo que cambiarse, estaban mollados de tanta caída.
Dalí para o cine, na entrada, podemos comprar chucherías, por certo cargamos. Nós, os de 3º Ciclo fomos a ver “Los viajes de Guliver.” Os outros foron a outra sala a ver “Las aventuras de Sammy”.
A película estaba xenial, foi moi divertido, encima en 3D. Era un Guliver moi moderno, tiña teléfono móbil ¡¡¡Táctil!!! , tamén como non, apareceu a poderosa coca-cola, pero non faltou o amor, a amizade, o humor, as traicións…, foi unha pasada, quedounos moitas ganas de volver.
Ao saír do cine xa fomos comer a un MC`Donalds comemos un Happy Meal só dous pediron outra cousa. Tamén había unha sorpresa, un regalo para os chicos e outro distinto para as chicas, parece mentira que aínda se fagan regalos sexistas.
Cando acabamos de comer demos unhas voltas polas Termas para comprar algo, si claro, chucherías outra vez. A nósa profe levounos a ver o mosaico que hai alí, levamos xa un tempo seguindolles as pistas aos Romanos.
E xa era hora de volver para a casa, valla clase de E.F. Coñecemento do medio máis chulas que tivemos hoxe.