martes, 15 de marzo de 2011

O CARNAVAL O ENTROIDO PASADO E PRESENTE

O Carnaval o Entroido a través dos anos
As fotas son do noso entroido , antes nin había cámaras de fotos nin tempo a pararse a facelas fotos a auga a cinsa…. Non deixaban pararse.
En Seceda contáronllelo a Samuel e súa irmá Sandra Vilariño. Os mozos e as mozas tirábanse cántaros de auga, de cinza, serrin……

Os mozos facían fachas de palla , e dabanlles as mozas con elas na s pernas.
Os candiles de gas eran un tesouro pois surtían a mozos e mozas de tinte negro para pintarse uns os outros.
As mulleres fiaban as estopas e poñianlles lume e andaban unhas tralas outras.
A noite facían baile pero antes cenaban Cachola, chourizos, lacon….iban o baile e a noite sobrecenaban e comían queixo e roscón.

En Folgoso contáronlle a Lluis que os rapaces vestianse de felos: con unha carauta que facían de cartón pintado con carbón e con roupa vella que poñían e logo corrian os mozos tralas mozas e untabanas con cinza, carbón….
Tiñan un día do meco os rapaces a meca e os rapaces a meca.

En Seoane Tamén se informou Alba de que se vestían con roupa dos avós , trapos vellos, se tiñan cartón facían unha careta e se non, pintaban a cara con tinta de farol (candil).
Despois ian correr ata as casas para pedir pesetas. Ovos de pita, chourizos… tamen se pintaban uns os outros.
Para comer nada de larpeiradas senon cachola con grelos .

Amanda preguntou por Paderne facían o mesmo que os de Seceda, pero eles tamen había un que se disfazaba de Felo e levaba unha choca e un xardo para pegarlle a xente que lle quería sacar a carauta, outro iba de mochileiro, xa que levaba unha bolsa para recoller o que lles daban , ovos chourizos, diñeiro… o mochileiro non levaba carauta. Despois xuntabanse todos e facian unha merendola co que iba na bolsa do mochileiro.

María dícenos que no seu pobo, Noceda a xente pintabase a cara coa tinta do cú das potas. Paseaban polas portas tirando auga cos cichons, teñindo a xente coa tinta do cú das potas.
Tamén facian mecos con traxes recheos de pallas e levabanos a outros pobos e deixabanllelos nas portas

viernes, 4 de marzo de 2011

ROSALÍA de CASTRO



A Nosa pequena homenaxe a Rosalía de Castro polo 125  cabodano e tamen polo seo nacemento