jueves, 26 de febrero de 2015

O ANTROIDO

         O antroido son unhas datas nas que poñemos a nosa imaxinación asi como as nosas destrexas e creatividade a funcionar.
          Este ano había un tema xenérico "O Bosque" eliximos o tema porque estamos a traballar nun proxecto sobre "O lobo".
          O ano pasado fomos de xirafas e este ano pensamos en ir de Robin Hood personaxe que se escondía nos bosques e que ademais nestes tempos que vivimos sería unha personaxe con moito traballo.







cando chegamos o colexio tivemos festa grazas os pais que nos animaron coa música 


viernes, 9 de enero de 2015

CASPERVEK

   No 1º trimestre veu un trío musical o noso colexio, esa banda puxo unha película que era a película de debuxos  mais antiga.
    Mentras viamos a película o trío CASPERVEK, poñia a banda sonora,  tocando música acorde co  que se vía na pantalla, por exemplo si había unha escena de acción tocaba unha música de acción.
   Tamén usaban as cores de esa forma, si a escena era de amor o fondo era laranxa.
Pasamos uns momentos moi entretenidos e ademais aprendemos que a música nos pode levar a distintos mundos, emocións, sentimentos.....
  Quedounos gañas de mais