martes, 30 de noviembre de 2010

Refráns

                   Refráns

      
De María Locay
            Querote moito polo tempo enxuito, polo mollado nin pouco nin moito.


Sacame a marzo se non pazo rasco.

Sea curuxa curuxea ou neva ou xea.



Se te morde un alacrán busca viño busca pan que mañá te
enterrán.

Lama en agosto polvo en abril botan o
 labrador a pedir.


           
                 Amanda Arza Carballo         

Cando a curuxa curuxea ou neva ou xea.
                                                                                      

                                                       
Se abres un porco verás o teu corpo
                               Sandra Vilariño
Ben tes que saber para os cogomelos coller.


Se queres vivir san levantate tempran.

                                                                                   Sandra López López

Si veñen as nubes de Foilevar colle o mallo e
ponte a mallar. E si veñen do Cebreiro colle a capa e o sombreiro.

Se en novembro escoitas que trona, a seguinte
Colleita será boa.
                                      Alba Arias Fdz.






Abril augas mil

Febreiriño corto cos seus dias vinteoito o que
ben contou vintenove lle encontrou. 
  Lluis Castro Potau

domingo, 21 de noviembre de 2010

LENDAS



LENDA DE NOCEDA DE CAUREL

                                               Recollida por María Locay
            Na cova da Ceza había moitos mouros/as que vivian alí.
            Un mozo de Noceda, que era da casa de Xoque, foi levar os machos a beber a Ceza e unha moura estaba lavando e él díxolle si se queria casar con él, ela díxolle que si.
            Tuveron un fillo, pero ela non podia falar porque si falaba perdia as riquezas que lle deran os habitantes da Ceza. Despois de un ano coceron e ianlle queimar o fillo e ela falou e acabouselle a riqueza que tiña debaixo da pedra da lareira.

      A MOURA DO CASTRO DE    

                MIRAZ

Esta lenda foi recollida por Alba que lla contou a Sra. Virginia que foi nada en Vilasibil

      Conta a lenda ,que un señor viu unha moura peinandose cun peine de ouro.

 A moura foi a Miraz pedir leite, e o señor, dono da casa, onde fora pedir a moura leite, enfadouse porque non llo quería dar.

    O que muxira a muller do señor tiroullelo polo lombo adiante  aos becerros , que quedaron blancos. Cando foron grandes, foi traballar con eles e co carro cargado, veu a mosca, e caeron os becerros por unha pena en baixo ata o río. Despóis foronnos buscar e xa viña a moura co carro, e traía unha campá e dicíalle aos bois: Garrido e arriba Bragado que o leite que foi quitado, polo carrelo che foi botado.

          E tamén dixo: Está é a lenda da campá de Meiraos.

viernes, 19 de noviembre de 2010

O TEMPO DO CASTAÑAL

    MAGOSTO   NO      COLE

  E chegou o momento de celebrar que este ano tamén hai castañas. O día 4 de novembro foi o día elixido para celebrar o magosto.
 Pola mañá tuvemos un obradoiro de escritura, que titulamos OS TEMPOS DO CASTAÑAL, sobre o tema das castañas, que, é o que vos amosamos neste apartado do blog.
Os soutos

   Un souto e un lugar con vexetación e árbores  os mais abundantes,  son os castiñeiros.
   Os castiñeiros son as árbores que dan as castañas. Poden acadar ata 20 ou mais m de altura,alguns necesitanse 2 homes ou mais para abarcalos.
  Os castiñeiros danse en zonas baixas. Estas arbores estan  plantadas sen un orden aparente.
  Como estan distribuidas de forma aleatoria non hai eidos, e  para coñecelos había e segue habendo unhas marcas conocidas por todos os vecinos, a marca era feita con unha macheta. Ahora para marcalos utilízase pintura, as marcas son II  (chamadas petadas) e tamén   letras coma una S, L porque se apellidaban Lopez, etc.


    A parte das castañas, do souto cóllese a madeira, leña…e mesmo fungos, que nacen solos, de distintos tipos comestibles, non comestibles e velenosos. Tamen nacen os amorodos, silvas que dan as moras, mofo, líquenes  que indican que os castiñeiros estan vellos pero que temos boa saude ambiental.
   Os soutos axudan a que haxa diversidad de animais, esquius, cervos, ratos, curuxas…..porque lles
proporcionan castañas, herba fresca no veran e ramas de arbores.
   As divisións do soutos son os reprexos feitos con terra e restos de fentos e maleza que se cortan para poder recoller mellor as castañas.
   O souto está formado por  adras ( trozos de terra plantadas de castiñeiros) polos que os vecinos pagan os impostos, e coidan pois están orgullosos de eses soutos de tal maneira que o mellor souto e o do paisano que fala.

AS CASTAÑAS
    As castañas son froitos dos castiñeiros que se dan no castañal, estan protexidos por ourizos.
   Hai varios tipos de castaña: Cunhas distintas formas e cores: as bravas, as  vilachás, as verdias, de presa , as regueironas...
  As castañas  son, verdes que son as que caen do ourizo e as secas que se collen as castañas verdes  botanse na  caniceira ( é un cuadrado grande
que esta feita por madeira donde hai unhos furadiños, e esta feita nun lugar vello e esta alto, debaixo de ela faise o lume na lareira que e un cadrado grande feito por cemento e cando pasen dias removense e sacaselles a cascara porque as botan con cascara e logo límpanse e escóllense
    As castañas sirven para que, as persoas , os animais salvaxes e os da casa coman, a xente, tamen as vende para ganar cartos e logo comprar outras cousas.
  As castañas podense comer: asadas, podense asar no tambor riba da cociña e no forno e cortanlles un cachin na punta e botalas riba da cociña, tambor ou forno e deixas que se asen .Tamen se comen cruas.Comense cocidas, cócense na pota con cascara ou sin ela e sirven para facer caldos e  tamen para comer con chourizos tamen con leite...
    Sirven para pasteleria:Para facer tartas de castaña, madalenas e mais pasteles e para facer galletas de castaña e mais cousas.



         A paisaxe no castañal

As cores mais típicas das paisaxes no castañal son:




Marrón ,amarelo,laranxa,alguns tonos de verde .
      Podemos apreciar varios tipos de plantas, segundo a cor e a estatura,por ejemplo: xestas, fentos, silvas, flores …
 Tamén hai varios tipos de árbores ,por ejemplo os castiñeiros coas castañas, pereiras, coas súas peras, mazairas coas súas mazás. Hai árbores máis altas cas outras como os pinos … tamén  mais gordas como os castiñeiros …
Vense minerais como as pedras , a lousa, a mármore. As pedras serven para construir varias cousas como por ejemplo a lousa os teitos ,a mármore as cociñas, as pedras as casas…
Tamén forman parte da paisaxe os animais, pero necesitaríamos moita sorteo u moita paciencia para poder observalos.

No final do castañal cáenlle as follas os castiñeiros e o solo queda cuberto de follas, parece una alfombra mullidiña
Tamén lle caen as castañas e a xente vai apañalas.
Ofinal do outono e mais fácil  ver cazar a algunos animais como a curuxa, aiga os animais mais pequenos como os ratos …do souto xa que a folla non lles tapa a vista. O outono da paso o inverno que muda outra vez a paisaxe xa que o souto queda desnudo sen una folla solamente alguna matogueira de arbustos que mostran una cor verdosa. Pero eso é outra época da que xa vos contaremos


     As 13 horas fomos a reunírnos co resto dos membros do colexío e xa había unha fogata con un tambor cheo de castañas, demoslle algunha volta para que non se queimaran, mentras se seguían asando xogamos un pouco e a comer: Pinchos de tortilla, queixo, xamón etc, e o que non puido faltar “As castañas”.



As castañas estaban boísimas. ¡Case acabamos con todas!

     Despóis de comer, un home orquesta veu visitarnos. ¡A verdade e que non esperábamos un home tan gracioso cos pequenos e cos maiores!Cantamos con el, bailamos...Algúns disfrutaron imitando os seus instrumentos, os pequeníños tocando os instrumentos que o home traía.¡Foi moi divertido!
     Antes de irnos para a casa estivemos xogando a varios xogos:Tres en raia, a rá, o brilé, a zapatilla por detrás...
     É foi así! Esta festa merécese 500.000 aplausos.