MAGOSTO NO COLE
E chegou o momento de celebrar que este ano tamén hai castañas. O día 4 de novembro foi o día elixido para celebrar o magosto.
Pola mañá tuvemos un obradoiro de escritura, que titulamos OS TEMPOS DO CASTAÑAL, sobre o tema das castañas, que, é o que vos amosamos neste apartado do blog.
Os soutos
Un souto e un lugar con vexetación e árbores os mais abundantes, son os castiñeiros.
Os castiñeiros son as árbores que dan as castañas. Poden acadar ata 20 ou mais m de altura,alguns necesitanse 2 homes ou mais para abarcalos.
Como estan distribuidas de forma aleatoria non hai eidos, e para coñecelos había e segue habendo unhas marcas conocidas por todos os vecinos, a marca era feita con unha macheta. Ahora para marcalos utilízase pintura, as marcas son II (chamadas petadas) e tamén letras coma una S, L porque se apellidaban Lopez, etc.
Os soutos axudan a que haxa diversidad de animais, esquius, cervos, ratos, curuxas…..porque lles
proporcionan castañas, herba fresca no veran e ramas de arbores.
As divisións do soutos son os reprexos feitos con terra e restos de fentos e maleza que se cortan para poder recoller mellor as castañas.
O souto está formado por adras ( trozos de terra plantadas de castiñeiros) polos que os vecinos pagan os impostos, e coidan pois están orgullosos de eses soutos de tal maneira que o mellor souto e o do paisano que fala.
AS CASTAÑAS
As castañas son froitos dos castiñeiros que se dan no castañal, estan protexidos por ourizos.
Hai varios tipos de castaña: Cunhas distintas formas e cores: as bravas, as vilachás, as verdias, de presa , as regueironas...
As castañas son, verdes que son as que caen do ourizo e as secas que se collen as castañas verdes botanse na caniceira ( é un cuadrado grande
que esta feita por madeira donde hai unhos furadiños, e esta feita nun lugar vello e esta alto, debaixo de ela faise o lume na lareira que e un cadrado grande feito por cemento e cando pasen dias removense e sacaselles a cascara porque as botan con cascara e logo límpanse e escóllense
As castañas sirven para que, as persoas , os animais salvaxes e os da casa coman, a xente, tamen as vende para ganar cartos e logo comprar outras cousas.
As castañas podense comer: asadas, podense asar no tambor riba da cociña e no forno e cortanlles un cachin na punta e botalas riba da cociña, tambor ou forno e deixas que se asen .Tamen se comen cruas.Comense cocidas, cócense na pota con cascara ou sin ela e sirven para facer caldos e tamen para comer con chourizos tamen con leite...
Sirven para pasteleria:Para facer tartas de castaña, madalenas e mais pasteles e para facer galletas de castaña e mais cousas.
A paisaxe no castañal
As cores mais típicas das paisaxes no castañal son:
Podemos apreciar varios tipos de plantas, segundo a cor e a estatura,por ejemplo: xestas, fentos, silvas, flores …
Tamén hai varios tipos de árbores ,por ejemplo os castiñeiros coas castañas, pereiras, coas súas peras, mazairas coas súas mazás. Hai árbores máis altas cas outras como os pinos … tamén mais gordas como os castiñeiros …
Tamén forman parte da paisaxe os animais, pero necesitaríamos moita sorteo u moita paciencia para poder observalos.
Tamén lle caen as castañas e a xente vai apañalas.
As 13 horas fomos a reunírnos co resto dos membros do colexío e xa había unha fogata con un tambor cheo de castañas, demoslle algunha volta para que non se queimaran, mentras se seguían asando xogamos un pouco e a comer: Pinchos de tortilla, queixo, xamón etc, e o que non puido faltar “As castañas”.
As castañas estaban boísimas. ¡Case acabamos con todas!

Antes de irnos para a casa estivemos xogando a varios xogos:Tres en raia, a rá, o brilé, a zapatilla por detrás...
É foi así! Esta festa merécese 500.000 aplausos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario