O día seis de Marzo de 2013
Acercámonos a Lugo para coñecer cousas que nos interesan e
que non atopamos no noso entorno próximo.
Despois de acompañar os noso compañeiros de
Secundaria o Museo Provincial de Lugo, estivemos na Fundación de Nova Galicia Banco, onde
había unha exposición de pinturas galegas.
Laura despois de saudarnos ofreceunos o idioma
para utilizar e todos dixemos a unha EN GALEGO.
Na mesma entrada había a pintura dun
personaxe, sobre un cartón, ¡que boa forma de reciclar!, logo fíxonos un xogo
que consistía en buscar a Rosiña, que seica era a irmán do personaxe.
Un exercicio de colorear unhas baleas e
pegalas nunha cuartilla, axudounos a ver o cadro que indicaba movemento.
Así fomos vendo tódolos cadros, “O ollo que
todo o ve”, “A piscina”… e tamén o nome de Pintores coma: Tino Grandío,
Lodeiro….
Por fin as pistas leváronnos ao taller e alí tamén nos pintamos. Nunha
cartolina con ceras de cores, e un clip sacamos un debuxo ben chulo.
Desde aquí para o Museo Provincial
. Un guía
estaba agardando por nos para ensinarnos cousas no Museo. A historia do edificio, os comezos do Museo … Todo isto nunha lareira onde non
faltaba de nada, potes, olas, lacenas…
O claustro cos reloxos de sol , o pozo ....
Primeira planta, un Franciscano, logo a sala
do ouro: Torques , brazaletes…¡ que coquetos eran os Castrexos ! o carneiro alado … e como non, Os tesouros do Caurel: Aguía e Tesera.
De pasada cara a sala de pinturas ollamos
rapidamente moedas … louza…
Estivemos vendo as pinturas de Julia
Minguillón, a Escola da Doloriñas, engaiolounos un cacho.
Hora de comer. Restaurante “Os Tilos”.Todo
rico, rico.
Catedral
Entramos pola Porta Norte, Pantocrator, logo xa dentro subimos o
primeiro andar onde nos contaron as
distintas etapas da Catedral, chamounos a atención que despois do Terremoto de
Lisboa, lle ampliasen un cacho e fixeran a Porta Principal como está ahora.
Había moitas cousas: Cálices, imaxes,…e o
Crismón da Ermida de Quiroga. Continuamos o percorrido polos tellados. ¡Que
vistas da cidade! Por unha ventá chegamos a un tellado dende o que se vía o
Claustro.
Baixamos o Claustro, onde nos contaron sobre a
fonte e sobre as cloacas.
Xa era hora de volver, pero rapidiño vimos as
pinturas do Altar Maior, O Coro e por suposto a Nosa Señora dos Ollos Grandes.
Un día moi ben aproveitado
No hay comentarios:
Publicar un comentario