Temos
hoxe (15/04/13) o pracer de ter con nós a Xurxo Mariño, investigador galego do campo da
neurociencia, que ademais fai uso da nosa lingua para difundir contidos
científicos, algo que agradecemos enormemente porque no ámbito da ciencia o
galego aínda non ten normalizado o seu uso.
É
biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de
Compostela, e ten un Máster en Neurociencia pola Universidad Internacional de
Andalucía. É profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, e
imparte materias en centros universitarios da Coruña, Ferrol e Santiago.
Entre a súa bibliografía destacamos obras como Os dados do reloxeiro, Po
de estrelas, ou a recentemente publicada Neurociencia para Julia.
Foi moi interesante a conversa sobre as neuronas e o cerebro. respostou todalas nosas preguntas, que foron bendelas e ben complicadas .Fixo experimentos curiosos, aprendemos un feixe de cousas e pasamolo ben.
Grazas
No hay comentarios:
Publicar un comentario