sábado, 21 de diciembre de 2013
jueves, 19 de diciembre de 2013
LIBERACIÓN DUNHA MARTA
Fai un tempo atopouse en Ferreirós unha marta malferida, hoxe tuvemos a satifacción de devolvela o seu habitat natural.
Podemos vela asustada dentro do transportin, tampouco é de extrañar que non se atrevese a sair diante de tanta xente, pero por fn si o fixo e ¡como corria!!
Desexamos que teña longa vida e que non se cruce con un cazador desaprensivo.
lunes, 16 de diciembre de 2013
OS DEREITOS DOS NENOS/AS 2013
Os DEREITOS DOS NENOS/AS 2013
Pareceunos interesante mirar como son tratados os nosos dereitos e para elo, primeiro buscamos información tivemos un coloquio entre todos, e cada un dixo algo relacionado cos dereitos, opinamos sobre os nosos reales ¿educación gratuita? non nos quedou claro. Tampouco tivemos claro eso da discriminación por lugar de nacemento.
Ainda así sabemos que somos privilexiados.
Elaboramos un cartel e colocámolo non lugar visible do colexio, e ahora podedes vernos cando o colgamos.
martes, 3 de diciembre de 2013
Visita o Nacemento do Lor
No PROXECTO VOZ NATURA 2013-2014
Pretendemos establecer lazos co río. Para elo pensamos que sería
boa idea coñecer mellor o noso Rio Lor e que tamén sería bo
facerlle unha visita.
A Primeira parada, foi para ver o val
que fai o río así como situar as minas da Toca e do Torubio.
Comenzamos visitando o seu nacemento,
para elo contamos coa axuda da Mestra de Relixión, ella contounos
que hai dos posibles nacementos un está en Fonteboa e o outro en
Fonlor.
O de Fonteboa chamanlle a Fonte do
Cubo, alí pudemos ver como efectivamente nace a auga e nace moita xa
a aproveitan para regar os prados (uso agrícola) e tamen a
aproveitaron para un uso industrial, pois había un muiño ou aceña.
Fomos logo a ver o outro sitio no que
dicen que nace o chamado Veigadollo alí tamen hai unha boa fonte.
Ali pudemos comprobar que había máis árbores, pero chamounos a
atención como nunhas árbores caídas lles medraban as ramas no
tronco ( as árbores, buscan a luz e sempre medran cara arriba) o Uso
agrícola seguia funcionando.
Aproveitamos , para ver o rastro
dalguns animais, estaba fozado do xabarín, excrementos de vacas e de
cabalos, e tamén nos fixamos no azafran silvestre si a que nos lle
chamamos tollemerendas, quitamerendas ...
A continuación fixemos unha paradiña
no Lugar de Chan de Pena, é un lugar moi fermoso, e no centro do
lugar hai unha fonte con un amplo lavadoiro, ahora que xa temos
lavadora en todalas casa , fixosenos extrano aquel lavadoiro con
xabrón e todo.
Hora de comer Romeor foi o sitio
elexido, acompañounos o ruido do Rio Romeor (dixeronnos que poderia
vir de Rio menor) afluente do Lor , gustounos que os veciños nos
dixerón que se podia beber da auga do Rio, xa que implica que o
teñen limpo é coidado.
Contaronnos que fai anos tiña
troitas, e unha familia que tampouco tiña luz electrica, fixoselles
de noite, colleron a auga do río para a cena e cando se puxeron a
escorrer os cachelos había unha troita na pota.
Aqui disfrutamos da compañía de Pablo
un neno de dous anos que andivo con nos, tamén tivemos a sabeduría
de o Sr. Juán Manuel, que nos ensinou o muiño e tamen o sitio de
facer o pan.
Gustounos ver as cousas do muiño, a
peneira, a tramoxa, a criba …... a fariña, o salvado.....
Tamén vimos e lemos o monolito que
fala do acueducto Romano que se conserva e que fixeran para levar a
auga para o Turubio
Seguinte parada foi na mina do Turubio,
de frente a mina da Toca. En tempos dos Romanos sacaron o ouro e o
Río Lor tamen lles axudou pois utilizarono como lavadoiro e tamen
como medio de transporte. Ademáis utilizaron os afluentes para facer
a “ruina Motium” ( sistema para escavar a terra e coller o ouro).
Tamen soupemos que o Río Lor é un río aurífero.
Por último paramos na Ponte de
Esperante, porque alí remataba o conto, tamén porque ali cruzamos o
Rio Lor, porque hai dúas pontes de disitinta época, porque hai unha
presa, e porque vimos como eran capaces de pasar a auga dun lado o
outro para regar mellor os prados.
VIDEOCONFERENCIA Dia da Ciencia
Os alumnos de 1º da ESO e mais nos que xa sabedes que somos o 2º e o 3º Ciclo de Primaria participamos dunha videoconferencia con motivo do día da Ciencia con Marilar Alexandre, Escritora e Bióloga co tema "Benqueridos insectos" .
Falounos destes bechos, como se reproducen, como se desprazan, as súas cualidades, a importancia que teñen na natureza.....
O final podemos facerlle algunha pregunta, pero o seren 63 colexios os que participamos, pois quedounos ganas de mais tempo de charla con ela.

lunes, 2 de diciembre de 2013
Viaxe A Coruña
Antía volveu a participar en unha actividade cos alumnos de Secundaria, Antía é a unica alumna de 6º .
Foi a ver o Museo CGAI, no Proxecto Cine en Curso. ali vimos fragmentos de peliculas e falamos sobre eles, dos costumes que se conservan, dos que se perderon e que os que estan a piques de desaparecer, que podemos grabalos para conservalos. Falar dos tipos de planos.... Aprendemos moitas cousas.
Despois de comer fomos o Museo de Arte Contemporaneo de Gas Natural Fenosa. Alí había moitos tipos de esculturas e pinturas, dentro das esculturas as imaxes de dous televisores explotando. Curioso foi ver como uns pintores montaban unha exposición pintando nas paredes ou creando esculturas, para unha próxima exposición.
Gustoume moito a actividade 3D. Explicaronnos que era 3D, porque o vemos asi....e logo fixemos dous grupos para grabar sendos videos un chamamoslle "O Tesouro" e o outro "A Ola".
Paseino moi ben e aprendin unha morea de cousas.
Asd Antía Álvarez

Suscribirse a:
Entradas (Atom)