No PROXECTO VOZ NATURA 2013-2014
Pretendemos establecer lazos co río. Para elo pensamos que sería
boa idea coñecer mellor o noso Rio Lor e que tamén sería bo
facerlle unha visita.
A Primeira parada, foi para ver o val
que fai o río así como situar as minas da Toca e do Torubio.
Comenzamos visitando o seu nacemento,
para elo contamos coa axuda da Mestra de Relixión, ella contounos
que hai dos posibles nacementos un está en Fonteboa e o outro en
Fonlor.
O de Fonteboa chamanlle a Fonte do
Cubo, alí pudemos ver como efectivamente nace a auga e nace moita xa
a aproveitan para regar os prados (uso agrícola) e tamen a
aproveitaron para un uso industrial, pois había un muiño ou aceña.
Fomos logo a ver o outro sitio no que
dicen que nace o chamado Veigadollo alí tamen hai unha boa fonte.
Ali pudemos comprobar que había máis árbores, pero chamounos a
atención como nunhas árbores caídas lles medraban as ramas no
tronco ( as árbores, buscan a luz e sempre medran cara arriba) o Uso
agrícola seguia funcionando.
Aproveitamos , para ver o rastro
dalguns animais, estaba fozado do xabarín, excrementos de vacas e de
cabalos, e tamén nos fixamos no azafran silvestre si a que nos lle
chamamos tollemerendas, quitamerendas ...
A continuación fixemos unha paradiña
no Lugar de Chan de Pena, é un lugar moi fermoso, e no centro do
lugar hai unha fonte con un amplo lavadoiro, ahora que xa temos
lavadora en todalas casa , fixosenos extrano aquel lavadoiro con
xabrón e todo.
Hora de comer Romeor foi o sitio
elexido, acompañounos o ruido do Rio Romeor (dixeronnos que poderia
vir de Rio menor) afluente do Lor , gustounos que os veciños nos
dixerón que se podia beber da auga do Rio, xa que implica que o
teñen limpo é coidado.
Contaronnos que fai anos tiña
troitas, e unha familia que tampouco tiña luz electrica, fixoselles
de noite, colleron a auga do río para a cena e cando se puxeron a
escorrer os cachelos había unha troita na pota.
Aqui disfrutamos da compañía de Pablo
un neno de dous anos que andivo con nos, tamén tivemos a sabeduría
de o Sr. Juán Manuel, que nos ensinou o muiño e tamen o sitio de
facer o pan.
Gustounos ver as cousas do muiño, a
peneira, a tramoxa, a criba …... a fariña, o salvado.....
Tamén vimos e lemos o monolito que
fala do acueducto Romano que se conserva e que fixeran para levar a
auga para o Turubio
Seguinte parada foi na mina do Turubio,
de frente a mina da Toca. En tempos dos Romanos sacaron o ouro e o
Río Lor tamen lles axudou pois utilizarono como lavadoiro e tamen
como medio de transporte. Ademáis utilizaron os afluentes para facer
a “ruina Motium” ( sistema para escavar a terra e coller o ouro).
Tamen soupemos que o Río Lor é un río aurífero.
Por último paramos na Ponte de
Esperante, porque alí remataba o conto, tamén porque ali cruzamos o
Rio Lor, porque hai dúas pontes de disitinta época, porque hai unha
presa, e porque vimos como eran capaces de pasar a auga dun lado o
outro para regar mellor os prados.
Asi pasadelo Ben e aptendedes un monton
ResponderEliminar