jueves, 9 de enero de 2014

OBRADOIRO DE INGLÉS

O pasado 19 de decembro do 2013no CPI POETA UXÍO NOVONEYRA (nas súas tres etapas -Infantil, Primaria e ESO-) disfrutamos dun obradoiro de inglés e francés con profesorado nativo. A actividade cunha finalidade de inmersión lingüística e cultural nun idioma estranxeiro, organizouse en dúas modalidades: por un lado, un obradoiro de inglés para o alumnado de educación infantil, primaria e ESO e; por outro lado, un obradoiro de lingua francesa para o alumnado de ESO.
OBRADORIO DE LINGUA INGLESA:
A actividade realizada integramente en lingua inglesa (maiormente porque a profesora nativa non dominaba o castelán -o cal non deixaba de ser unha vantaxe por paradóxico que pareza-) tivo como eixe temático a India. Os alumnos de infantil e primaria coa axuda inestimable e a complicidade da profesora fixemos unha viaxe imaxinaria cara a India.
Comenzamos por coñecer o planeta Terra, ubicando a India nunha alfombra que representaba o planeta. A continuación partimos dun imaxinario aeroporto de Madrid para viaxar en avión ata a India. Unha vez alí, descubrimos os costumes culturais máis importantes deste exótico país (a súa vestimenta, a súa lingua, as súas xentes, a bandeira, a súa distribución xeográfica, a simboloxía sagrada...).
Na última parte da sesión, pudemos descubrir significativos aspectos culinarios da cultura India, a través do olfateado de 20 especies diferentes usados para cociñar. A través destas especies  non só descubrimos novas palabras en lingua inglesa, senón tamén novos olores e sabores propios dunha realidade e unha sociedade tan afastados xeográfica e culturalmente.
Para rematar, xusto é dicilo, a viaxe realizouse en inglés na súa totalidade, o que supuxo unha experiencia de aprendizaxe moi boa e interesante: recordamos vocabulario xa sabido e descubrimos outro novo, practicamos a conversa en lingua inglesa cunha persoa anglo-parlante nun contexto natural, cargado de ricos matices comunicativos.

E por riba pasamolo xenial.





Tamén a prensa se enterou



No hay comentarios:

Publicar un comentario