En canto a outros usos sabemos que foi un lugar industrializado grazas a proximidade o río, econtramos unha ferreria do seculo 19, unha aceña, unha central hidroelectrica.
Podemos apreciar verdadeiras obras de inxeniería: O banzado da ferreria ( para darlle maior empuxe a auga e faciltar o verquido ao rio outra vez)
A presa vista por arriba coas comportas.
O muiño ou aceña, tamén era movido pola auga do Río Lor.
Avanzamos e vimos o que foi unha capilla.
Tamén hai un reloxo de sol, que puxemos a funcionar cun pau, e ainda que a hora era inexacta, valeunos para aprender o seu funcionamento.
Pois mira que hai cousas que ver neste cachiño de mundo, pois tamen hai outros dous rios que son afluentes do Lor e que debrocan aqui as súas augas, falamos do Río Pequeno e o Río Moreda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario