Nos os alumnos do Terceiro Ciclo de Primaria, dacordo coa profesora de galego dos alumnos/as da ESO queriamos darlle un susto o resto do Colexio, porque estamos en Samain, e entramos nunha aula que non utilizamos a cotío, e sabedes o primeiro susto levamolo nos pois estaba chea de arañas morcegos...
e o peor fantasmas e calaveras, total o susto levamolo primeiro nos, pero aqui non acabou pois os alumnos de 1º da ESO, que tamén estaban compinchados con Rosa (mesma profesora) e comenzaron a ler unha historia de medo xusto cando nos nos recuperabamos do susto da clase ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡queeeeeeeeee medoooooooooooo!
Pero nos non iamos a quedarnos atrás e comenzamos a contarlles a nosa historia, unha historia escrita por Anxel Fole, que conta o que lle pasou a un señor do Páramo, por certo a nosa mestra díxonos que ela coñecera o señor, posiblemente nos contou unha mentira, pero mellor así. O medo foi tremendo para todo o mundo.
Pasámolo xenial. por eso o contamos aqui, e tamen bos desexamos Bon día de Samain e ollo que o día de Samain pode pasar calquera cousa
sábado, 30 de octubre de 2010
jueves, 28 de octubre de 2010
O pobo de SECEDA
O pobo de Seceda
Por Sandra Vilariño Rodriguez
Seceda é un pobo que conserva as características dun pobo antigo porque está restaurado .
Fai anos habìa moitas casas,pero hoxe na maioría non habita ninguén, sò hai 4 casas habitadas .
As casas son de pedra ,os teitos de lousa e a maioria teñen corredor , os corredores son moi típicos de esta zona.
As casas están unidas por solainas,para facelas poñeron unhas vigas que están atravesando o camiño, e tapan a calella (calle, ou rúa) , para que a xente non tubera que sair fora e o mesmo tempo aproveitaban e ampliaban a casa.
As ruas estan feitas de chapacuña, unhas pedras postas no chan de maneira que o mesmo tempo que fan que estea limpo, as ruas conservan a antigüedade
No pobo hai Sequeiros nos que a xente secaba as castañas .
Fora do pobo hai unhas construcions que se chaman cabanas .A ntes utilizabanse para meter a herba e o gando.
COVAS DO CAUREL
As covas de Paderne
Por Amanda Arza Carballo
En Paderne hai moitas covas que parecen que non son peligrosas pero poden chegar a selo, porque son moi fondas e moi largas tan largas que poden chegar a outro sitio. Nas covas a auga cai e vai formando como estelitas que son como unhas figuras que teñen punta.
As covas estan formadas por pedra e barro, son de color parecido o mármol.
Aquí algunas covas estan tan estreitas que hai que pasar agachados, algunhas as suas estelitas van facendo dibujos en formas de figuras preciosas .
Para entrar nestas covas, e nas demais, hai que ir
preparados con linternas, roupa e zapatos cómodos porque sinon pòdeste torcer un músculo ou romper un óso .
AS COVAS DE NOCEDA DO CAUREL
Por María Locay López
No meu pobo, Noceda, hai varias covas, como a da Ceza, a de Covas ou a de Pozos. Nesta ocasión comentarei algo das dúas primeiras.
A cova da Ceza está situada ó noroeste do pobo, a un quilómetro aproximadamente e podemos chegar a ela en coche ou a pé. Esta cova, de rocha caliza, tén uns 700 m de lonxitude e grandes salas comunicadas por pasos doados de atravesar.
Ó longo da mesma podemos ver diferentes formacións na rocha, como estalagtitas ou estalagmitas. Está percorrida por un regato que nace nun lago situado ó final da cova, sendo o maior percorrido practicable de río soterrado coñecido en Galicia. Este remata nunha pequena catarata situada ó pé dunha fonte, a da Ceza, á que imos lavar mantas no verán, por exemplo.
É frecunte ver durante todo o ano e sobre todo nas fins de semana excursións de estudantes ou espeleolólogos que veñen visitala.
A cova de Covas ou de Xato (chámase de Xato porque está situada nunha finca desta casa de Noceda) localízase un pouco arriba do pobo e pódese chegar a ela só a pé, xa que este camiño é de pedra. A súa entrada é bastante amplia e tén sobre 100 metros de lonxitude.
Nesta cova fixéronse numerosas investigacións arqueolóxicas para tratar de saber un pouco máis sobre o pasado desta zona de Galicia. Non se atoparon restos humanos prehistóricos pero chegouse á conclusión de que esta caverna foi moi posiblemente un cubil de animais fai decenas de miles de anos, xa que apareceron, entre outros, restos de oso pardo e de oso das cavernas, un animal moito máis corpulento que o anterior. Tamén foron atopadas cerámicas da época romana que están relacionadas con posibles asentamentos puntuais dos romanos por estas terras, en relación cos castros ou coa actividade mineira do Caurel.
Existe unha lenda sobre esta cova que permanece viva co paso do tempo gracias á súa transmisión xeración tras xeración.
Fai moito tempo, segundo dicían os nosos antergos, vivían os moros na cova de Covas e era frecuente que Sabeliña, unha nena de Noceda, fora cos cochos para os seus arredores. Un día desafortunado os pais da nena viron que tardaba moito en voltar para a casa con eles e a súa nai foina buscar alí, ó entorno da Cova de Xato.
-Sabeliña, Sabeliña onde andas- chamaba a nai pola filla.
-Sabeliña sabe ben, fritidiña na sartén, veña vostede tamén- respondeu un moro dende o interior da cova…
martes, 19 de octubre de 2010
AS CASAS TÍPICAS DO CAUREL
AS CASAS TÍPICAS DO CAUREL
Por Alba Arias Fernández 6º de primaria
As casas típicas do Caurel son de pedra, madeira.. e os teitos son de pizarra . Teñen alto e baixo e, aproveitando a inclinación do terreo dan a calella ou rúa, tanto o 1º andar coma o baixo.
As habitacións eran de madeira tanto o chan como o faiado.
No 1º andar están a cociña,habitacións… e no baixo están as cuadras onde había animais , que axudaban a dar calor servendo de calefacción.
As división eran de pedra (muros de ata mais dun metro) ou de barrote (tabique feito con varas de madeira e barro ,serrín, virutas ,cal etc) , estes tabiques, tamen serian de muros exteriores que estaban orientados o norte .Tamen utilizaban tablas para facer as división.
Onde se facía o lume para cociñar era a lareira. A lareira estaba feita de unha pedra , tamén se compoñía do murillo que era de ferro e servía para que a leña se apoiara por unha parte para que non estivera pegado ao suelo e ardera mellor, algunos tiñan unos cubiletes para poner as tazas para manter a comida quente a xente que xegaba tarde a comer. O burro era onde se colgaba o caldeiro para cocer a comida do gando, tamén estaban os trespies que eran para asentar as potas para facer a comida. O cunqueiro onde se colocaban as culleres etc, e as lacenas onde se metía a comida, as tixolas, as potas, a ola...
Na lareira ou próximo estaba o forno e a maseira, onde se amasaba e logo tamén para meter o chicho o pan… E o forno para cocelo pan.
Tamén había o cubo, esto era un tubo de feito de madeira que ia dar o maseiro dos cochos e que servía para botarlles a comida sen que a ama tivese que sair fora á neve, choiva…
sábado, 2 de octubre de 2010
Comenzo dunha ilusión
Hoxe os alumnos do Terceiro Ciclo de Primaria do Caurel vamos a comenzar unha aventura creando un blog, durante esta semana estaremos facendo probas, para a próxima esperamos facer algo interesante.
2 de outubro do 2010
2 de outubro do 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)