martes, 19 de octubre de 2010

AS CASAS TÍPICAS DO CAUREL

  AS CASAS TÍPICAS DO CAUREL

       Por Alba Arias Fernández 6º de primaria
As casas típicas do Caurel son de pedra, madeira.. e os teitos son de pizarra . Teñen alto e baixo e, aproveitando a inclinación do terreo dan a calella ou rúa, tanto o 1º andar coma o baixo.

  As habitacións eran de madeira tanto o chan como o faiado.
  No 1º andar están a cociña,habitacións… e no baixo están as cuadras onde había animais , que axudaban a dar calor servendo de calefacción.
   As división eran de pedra (muros de ata mais dun metro) ou de barrote  (tabique feito con varas de madeira e barro ,serrín, virutas ,cal etc) , estes tabiques, tamen serian de muros exteriores que estaban orientados o norte .Tamen utilizaban tablas para facer as división.
   Onde se facía o lume para cociñar era a lareira. A lareira estaba feita de unha pedra , tamén se compoñía do murillo que era de ferro e servía para que a leña se apoiara por unha parte para que non estivera pegado ao suelo e ardera mellor, algunos tiñan unos cubiletes para poner as tazas para manter a comida quente a xente que xegaba tarde a comer. O burro era onde se colgaba o caldeiro para cocer a comida do gando, tamén estaban os trespies que eran para asentar as potas para facer a comida. O cunqueiro onde se colocaban as culleres etc, e as lacenas onde se metía a comida,  as tixolas, as potas, a ola...
   Na lareira ou próximo estaba o forno e a maseira, onde se amasaba e logo tamén para meter o chicho o pan… E o forno para cocelo pan.
   Tamén había o cubo, esto era un tubo de feito de madeira que ia dar o maseiro dos cochos e que servía para botarlles a comida  sen que a ama tivese que sair fora á neve, choiva…

No hay comentarios:

Publicar un comentario