jueves, 28 de octubre de 2010

COVAS DO CAUREL





As  covas     de       Paderne
                        Por Amanda Arza Carballo
  


    En   Paderne   hai    moitas     covas    que   parecen   que non   son   peligrosas   pero   poden   chegar    a     selo, porque  son   moi    fondas    e  moi  largas  tan largas  que  poden  chegar  a outro  sitio. Nas  covas  a auga  cai  e  vai  formando  como estelitas  que  son  como  unhas  figuras  que  teñen  punta.
         As  covas  estan   formadas  por   pedra  e  barro, son  de  color  parecido  o  mármol.
    Aquí  algunas  covas  estan  tan  estreitas  que  hai  que pasar   agachados, algunhas  as  suas  estelitas  van  facendo dibujos en formas de figuras preciosas .
    Para entrar  nestas covas, e nas demais, hai que ir
preparados con linternas, roupa e zapatos cómodos porque sinon pòdeste torcer un músculo ou romper un óso .
   







AS COVAS DE NOCEDA DO CAUREL

                                   Por María Locay López

No meu pobo, Noceda, hai varias covas, como a da Ceza, a de Covas ou a de Pozos. Nesta ocasión comentarei algo das dúas primeiras.
        
A cova da  Ceza está situada ó noroeste do pobo, a un quilómetro aproximadamente e podemos chegar a ela en coche ou a pé. Esta  cova, de rocha caliza, tén uns 700 m de lonxitude e grandes salas comunicadas por pasos doados de atravesar.
Ó longo da mesma podemos ver diferentes formacións na rocha, como estalagtitas ou estalagmitas. Está percorrida por un regato que nace nun lago situado ó final da cova, sendo o maior percorrido practicable de río soterrado coñecido en Galicia. Este remata nunha pequena catarata situada ó pé dunha fonte, a da Ceza, á que imos lavar mantas no verán, por exemplo.
É frecunte ver durante todo o ano e sobre todo nas fins de semana excursións de estudantes ou espeleolólogos que veñen visitala.

         A cova de Covas ou de Xato (chámase de Xato porque está situada nunha finca desta casa de Noceda) localízase un pouco arriba do pobo e pódese chegar a ela só a pé, xa que este camiño é de pedra. A súa entrada é bastante amplia e tén sobre 100 metros de lonxitude.
Nesta cova fixéronse numerosas investigacións arqueolóxicas para tratar de saber un pouco máis sobre o pasado desta zona de Galicia. Non se atoparon restos humanos prehistóricos pero chegouse á conclusión de que esta caverna foi moi posiblemente un cubil de animais fai decenas de miles de anos, xa que apareceron, entre outros, restos de oso pardo e de oso das cavernas, un animal moito máis corpulento que o anterior. Tamén foron atopadas cerámicas da época romana que están relacionadas con posibles asentamentos puntuais dos romanos por estas terras, en relación cos castros ou coa actividade mineira do Caurel.
Existe unha lenda sobre esta cova que permanece viva co paso do tempo gracias á súa transmisión xeración tras xeración.

Fai moito tempo, segundo dicían os nosos antergos, vivían os moros na cova de Covas e era frecuente que Sabeliña, unha nena de Noceda, fora cos cochos para os seus arredores. Un día desafortunado os pais da nena viron que tardaba moito en voltar para a casa con eles e a súa nai foina buscar alí, ó entorno da Cova de Xato.
-Sabeliña, Sabeliña onde andas- chamaba a nai pola filla.
-Sabeliña sabe ben, fritidiña na sartén, veña vostede tamén- respondeu un moro dende o interior da cova…


3 comentarios:

  1. As covas do Caurel dicen que son moi perigosas ¿é vedade?

    ResponderEliminar
  2. e ninguén sabe o que lle pasou a sabeliña?????eu quero sabelo!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Dixo o mouro dende dentro da cova "sabeliña sabe ben fritidiña na sartén" foi tan capaz de comela

    ResponderEliminar