Hoxe xoves 20 de outubro a entrada do noso cole encheuse de alegría e de arte, un grupo da asociación A´NADE de Lugo viñeron a facernos unha representación da obra “O Médico a Paus”.
Un matrimonio ten problemas porque o home bebia moito, e discutían por que o home lle decía que ela non facía nada e por riba pegaballe, pero el non se preocupaba.
A muller dicidiu vingarse, e o desxo fixose realidade cando dous criados do marques preguntan por un médico, informaos de que hai un moi bo, pero que sempre o nega ata que lle dean uns paus , describelles o seu marido e aló van e claro o home leva os paus.
A consulta era doada a filla do marques solo tiña mal de amores, o pai queria casar com um rico, pero ela estaba namorada de Leandro um cego pobre. O falso médico axudoulles eso si sempre a cambio de diñeiro.... e non vamos seguir contando, pois trata de moitos problemas que hai na sociedade, malos tratos, avaricia, medo,alcoholismo, O Galego (O marques falaba castellano e os outros personaxes falaban galego). .pero o final o amor vence.
Queremos darlles as grazas os actores polo esforzo que fan, para que nos o pasasemos tan ben
No hay comentarios:
Publicar un comentario