viernes, 28 de octubre de 2011

Preparando O SAMAIN

Contos de medo

                        A  ÁNIMA
     Fai moito tempo nunha aldea, un home, unha noite, violou a unha nena.
    A nena quedou preñada. Cando o home se enterou púxose moi nervoso e decidiu matala, e foi o que fixo.
    Aquela noite na aldea todos buscaron a pequena sin atopala, anduverona buscando moitos días pero non a encontraron.
    A primeira noite de lua chea unha ánima empezou a rondar polo pobo.  
.
   O home e todos os veciños estaban mortos do medo, porque a ánima ía visitar a o seu asasino e as xentes non sabían quen era pois non sabían sequera que era aquelo.   (Era a ánima da nena morta).               
    A nena foise aparecendo a todos os veciños.
Aquela ánima tiñaos  loucos ata que, un día o home non aguantou  máis confesou o que fixera, e logo matouse na súa casa. Dende  aquela non se  volveu a aparecer a ánima.
                                          Sandra López


O  señor  Xosé de Blanco da Seara viñera a unha festa a Folgoso, xa despois de cenar ben e tomar unhas cuantas copas, o señor dixo: voume que mañá teño que ir o estrume, pero o seu amigo (o señor da casa),díxolle que se quedara a dormir, é moi tarde e os camiños estan cheos de perigros, lobos, aparecidos, ladrons...pero o señor Xosé dixo que non que se ía para  a  casa que el non tiña medo e que naide llo ía por… Cuando ía subindo polo Couto empezou a   oir ruidos entre as uces o principio non lle deu importancia, pero  logo tamen oía  coma se alguén saltase, cada vez eran máis cerca  e el xa empezou a coller  medo e cando  ía un pouco  mais
       arriba saíronlle catro lobos, rodeaban a  o señor Xosé, parouse e comenzou a tirarlles lastras, acabou   sentándose de tanto medo que tiña, pois os lobos en vez de liscar acercábanse mais a el,  o señor empezou a berrar como un louco. Un señor que viña cerca  escoitou os  berros, e  empezou  a tocar a gaita, os lobos cuando escoitaron a gaita marcharon correndo e Xosé levantouse  e abrazou   outro señor , pero o señor Xosé aínda  hoxe ten o medo metido no corpo.
     Lluis Castro Potau

                                              HISTORIAS DE MEDO
                   Cando foi a guerra de España, un home chamado Manuel, íbase os cruces dos  camiños e imitaba as voces da xente da súa familia que xa estaba morta.   Outras veces encendía unha vela  nunha cabaza oca para poñer medo e tamén, collía un escano (banco) semellando que era a caixa dun morto, e como os homes estaban todos na guerra, ás mulleres, os nenos e os vellos tíñaos atemorizados, porque pensaban que era alguén do outro mundo.

O ESCAPADO

            Era no tempo da posguerra e había xente que se escondía polo monte, chamabánse “Os  Escapados”. Porque eran contrarios o Réxime por eso se agochaban polo monte, neste caso no monte chamado “O Capelo”.   
               Un día, un de esos escapados atopouse cos gardas cando saía do seu refuxo, os gardas díspararonlle e matárono.  Como o mataran no límite entre Caurel e o Lor túverono que levar o pobo de Xestoso do Lor e velárono nunha casa, dous días e dúas noites.   Miña avoa, que era unha nena, e os demais nenos do pobo, tíñan moito medo e non querían saír da casa por esa história tan triste e polo medo a que viñeran mais escapados.
                Anos máis tarde, no “Capelo”, ese mesmo garda, e sen saber como pasou, de repente tiráronlle un tiro e quedou morto.
    ¿Quen sería? Foi a pregunta que se fixo o seu compañeiro pois il non
vira a ninguén e a el nada lle fixeron.
                                     Sandra Vilariño Rodriguez 
Era un matrimonio que tiña dous nenos pequenos, un día que mallaban (ainda mallaban o mallo) levaron as vacas o monte e deixaronas solas.  Sempre ían os nenos a buscalas , pero aquel día co traballo despistaron a hora e facíase tarde, o pai mandou os nenos ir por elas, pero a nai dixolle:
-          Si home, ahora han de ir os nenos. Irei eu .
E o final marchou a nai, o chegar cerca do cimo do monte, viu pasar un home dacabalo, que ía o galopee berroulle a muller:
_oiu señor do Cabalo ¿viume dúas vacas?
E o home contestoulle:
- Si quedan ahí arriba e ían dous lobos cara elas.
Ela botou a correr, e efectivamente , xa os lobos estaban alí , dúas vacas e dous lobos, o lobo máis grande ca vaca máis grande, e o lobo máis pequeño coa vaca máis pequena. O chegar e chamalas , as vacas colleron valor e botaron  andar para a casa , pero os lobos tamen botaron a andar a par de cadansúa todo o camiño, pero despois hai dous camiños, un polo medio do monte (chegabase antes)  e outro mais longo, por enfrente a Miraz. O chegar o cruce  deulle un berro a vaca grande:
 -Marela  ven , Para que collera polo de enfrente a Miraz, asi podía oíla  alguén en Miraz e polo outro lado non a oía ninguén, pero o lobo revolveuse cara a muller , abriulle a boca amosandolle os dentes e a muller  desafiuno coun pau que levaba, máis co medo foiselle a fala.
 O chegar riba do pobo encontrouse cun veciño que lle dixo:
- Moi noite ves Consolina.
Pero a muller non lle  puido contestar. O chegar a casa meteu as vacas na corte e o entrar na cociña, tiña o lume encendido e caeu  desmaiada.
Fregarona con aguardente e co calor e o cariño dos seus recuperouse.
Amanda Arza Carballo
 HISTORIA DE MEDO  


      A  Noceda de Caurel  fai moitos anos  chegaran os escapados.

    Un dia miña   avoa  e os seus pais, irmáns  e a súa avoa fóranse a cama porque xa era de noite, cando se deitaron sentiron  uns ruídos, e o  pai  da miña avoa asomouse a fiestra e viu tres escapados,  e  díxolles  estadevos moi  caladiños. Cando  os escapados, ían entrar para  a  casa, eles levantáronse da cama e marcharon por unha porta que ía dar a lareira, e  despois  habia   unha  trampa  a corte  e escondéronse na corte, entre o gando. O pai da miña avoa dixolles  estadevos  en silencio, pero súa avoa era xorda e non oia nada, por isso non marchou cando todos, entonces  o señor tivo que volver a buscala e por pouco non os ven, eles falaba  en baixo  e os escapados non  os   oíron,  colleron un xamón e unha bola de pan e liscaron.
María Locay López 


No hay comentarios:

Publicar un comentario