lunes, 7 de noviembre de 2011

SAMAIN E MAGOSTO


                      O 28 de outubro  tivemos un día moi divertido, pois foi día de celebracións, pola mañá, o SAMAIN .


  Entramos,   algunhas bruxas tamén se colaron no colexio e  estaban colocadas as cabazas, moi simpáticas e  moi orixinais todas. Moi bo ambiente xa .




   Logo, pasamos  a aula de música e todo escuro, cheo de teas de araña, e de arañas.
Os de 6º de Primaria, contamos uns contos de medo que recolleramos cada un no seo Lugar e que xa volos puxemos no blog . A continuación os nenos da ESO  escenificaron tamen os contos deles, pero o mellor estaba por chegar unha curta protagonizada polos alumnos/as de 2º da ESO co titulo “A man asasina”  deixounos  impressionados, polo bem que o fixeron os actores, polo medo que nos daba polo...todo.



 A continuación houbo o fallo do concurso das cabazas  e as premiadas  foron  en Secundaria: Alba; Primaria: Sandra López e de Infantil : Brais


   Un tempo dedicamo-lo a facer  un taller sobre os animais carnívoros, fixemos pegadas nosas e tamén de animais sobre arxila.
    Pola tarde magosto,   o lume foi cousa dos maiores, as castañas foron o tambor  e nos tamén lles demos algunha volta, pero aínda así houbo tempo de xogar e logo a merendola castañas asadas e cocacolas, fantas… e xa era hora de ir para a casa. 

               

No hay comentarios:

Publicar un comentario