sábado, 26 de noviembre de 2011

DEREITOS HUMANOS E DEREITOS DOS NENOS


A finais de novembro celébrase o día dos Dereitos Humanos e o  día dos Dereitos dos nenos.
Estes dias pasados  estuvemos estudiando en Educación para a Cidadanía   sobre estes temas e, o final poñémolo  cun cine fórum.
Proxectamos a peli   “Kirikú y la bruja”
                         Ficha técnica.
Título: Kiriku e a bruxa.
Dirección: Michel Ocelot, 1998.
Xénero: Fantástica.
Duración: 71 min.
Paises: Francia, Luxemburgo e Bélxica.
Guionista: Michel Ocelot.
Música: Youssou N´Dour.


                             Sinopse.

  O pequeno Kiriku vén ao mundo nun poboado africano sobre o que a malvada bruxa Karaba lanzou unha terrible maldición: a fonte secouse e os homes desapareceron misteriosamente. Pero Kiriku non ten medo. Un conto tradicional du oeste de África serve de base argumental para esta película de debuxos animados, que recrea unha fermosa fábula sobre a liberdade e o crecemento.

Para nós “o dereito a liberdade”  non estaba no lugar da película xa que non eran libres para nada, nin sequera para correr libremente polo território.
A bruxa fixo escravos a todolos habitantes que pudo, empezando polos homes  polo que ¿onde estaba “ o de nadie ten dereito a facerte excravo, e ti non podes facer escravo a ninguén”.?
“Tes dereito  a ter propiedades” a bruxa ata as xoias lles esixía.
Falamos largo rato sobre Os Dereitos Humáns, e tamén sobre os dereitos dos nenos, alí nin escola había.
Kirikú era descriminado por ser neno.
Gustounos moito, os debuxos eran moi bonitos, sinxelos pero com colorido alegre.
Foi unha forma amena para estudiar e recordar asi coma valorar o tema dos Dereitos Humáns.
Tamen aprendemos cousas de Africa, mais concretamente de Costa de Marfil e dunha tribú chamada Senufos. Ahora estamos pendentes de oir música de Mirian Makeba e de Cesárea Evora.
Tedes que vela, merece a pena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario