lunes, 5 de diciembre de 2011

A FOLLA PEPITA


                                  A folla Pepita.
 Había unha vez, unha folla dun castiñeiro, que se chamaba Pepita.
             Pepita non era unha folla calquera, era unha folla moi especial porque nunca cambiaba de cor e nunca caia do castiñeiro. Pepita creíase moi chulita porque nunca caía da árbore, e entonces as outras follas non lle facían caso.
         Ata que un día se sentiu moi soa e moi triste porque non tiña con quen xogar, pero ela non quería facer amigas, e así seguiu, creéndose máis chulita.
                 Unha noite que as outras follas  estaban no chan tramaron un plan para que Pepita non se creera tan chulita, e o plan foi o seguinte:
        Entre todas chamarón o vento para que soprara moi forte e tirara a folla do castiñeiro para que cambiase de cor e parase de chulearse. E así fixeron.
           En pouco tempo o vento empezou a soprar moi forte e a folla non puido aguantar, e foi caendo pouco a pouco o chan.
            O caer levou un golpe e quedou dormida pero o fin despertouse, é cando se despertou o ver que estaba no chan puxose a chorar, e todas lle empezaron a preguntar porque choraba e ela contestoulles que choraba de alegría, porque o fín podía ter amigas, sempre e cando se as outras follas lle deixaban, e as outras follas dixeron que si, que lles encantaría ter unha amiga máis.
             E entonces todas as follas foron amigas.
       Así en outono as follas sempre caen da árbore, e as árbores quedan desnudas, porque o seu pelaxe caeu .
                                                       
                                                                                          Amanda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario