A finais de
novembro celébrase o día dos Dereitos
Humanos e o día dos Dereitos dos nenos.
Estes dias pasados estuvemos estudiando en Educación para a
Cidadanía sobre estes temas e, o final
poñémolo cun cine fórum.
Proxectamos a peli “Kirikú y la bruja”
Ficha técnica.
Título: Kiriku e a bruxa.
Dirección: Michel Ocelot, 1998.
Xénero: Fantástica.
Duración: 71 min.
Paises: Francia, Luxemburgo e Bélxica.
Guionista: Michel Ocelot.
Música: Youssou N´Dour.
Sinopse.
O pequeno Kiriku vén ao mundo
nun poboado africano sobre o que a malvada bruxa Karaba lanzou unha terrible
maldición: a fonte secouse e os homes desapareceron misteriosamente. Pero
Kiriku non ten medo. Un conto tradicional du oeste de África serve de base
argumental para esta película de debuxos animados, que recrea unha fermosa
fábula sobre a liberdade e o crecemento.
Para nós “o
dereito a liberdade” non estaba no lugar
da película xa que non eran libres para nada, nin sequera para correr
libremente polo território.
A bruxa fixo
escravos a todolos habitantes que pudo, empezando polos homes polo que ¿onde estaba “ o de nadie ten dereito
a facerte excravo, e ti non podes facer escravo a ninguén”.?
“Tes
dereito a ter propiedades” a bruxa ata
as xoias lles esixía.
Falamos largo
rato sobre Os Dereitos Humáns, e tamén sobre os dereitos dos nenos, alí nin
escola había.
Kirikú era
descriminado por ser neno.
Gustounos
moito, os debuxos eran moi bonitos, sinxelos pero com colorido alegre.
Foi unha
forma amena para estudiar e recordar asi coma valorar o tema dos Dereitos Humáns.
Tamen
aprendemos cousas de Africa, mais concretamente de Costa de Marfil e dunha
tribú chamada Senufos. Ahora estamos pendentes de oir música de Mirian Makeba e
de Cesárea Evora.
Tedes que
vela, merece a pena.