jueves, 28 de junio de 2012
martes, 26 de junio de 2012
GRADUACIÓN
FESTA DE GRADUACIÓN
Remata o curso e despedimos Amanda Arza Carballo, Lluis Castro Potau, María Locay lópez, Sandra López López, Sandra Vilariño Rodríguez, pero esto continua pois incorporase o 3º ciclo Antía Álvarez Gonzalez, para axudarlles a Victor,Paula, David, María Dolores e Hilda que despois de superar 5º xa comenzarán 6º.
Vamos a poñer as imaxes do festival, bailando, presentando o power point contando algunha das cousas que vivimos este curso e tamén as actuacións dos nosos compañeiros.
Vamos a poñer as imaxes do festival, bailando, presentando o power point contando algunha das cousas que vivimos este curso e tamén as actuacións dos nosos compañeiros.
Mónica marcha e os alumnos de primaria e infantil fixemoslle este recordo |
Houbo circo, houbo ilusión e houbo ledicia |
viernes, 15 de junio de 2012
PLANTAS MEDICINAIS
BIBLIOGRAFÍA para a descrición das plantas
Antelo
Docampo, Pilar. 1956. As
Plantas Medicinais.
Editorial Irindo.
Pahlow,
Mannfried. 2001. Plantas
Medicinales Guía de la Naturaleza.
Editorial Everest.
William
A.R. Thomson, D.M. 1989. Biblioteca
blume de la naturaleza. Las
plantas Medicinales.
Editorial blume.
Leiro,
Adela. 2004. Espazos
Naturais. Provincia
de Lugo. Editorial A Nosa Terra.
Niño
Ricoi, Henrique. 2001. Guía
das árboles de Galicia.
Editorial Baía.
Caramelo
Rego, Carlos. 1998. Espacios
Naturais de Galicia.
4. Provincia de Lugo. Editorial Baía.
Bruns/Schmidt.
Biblioteca Blume de la Naturaleza. Vida
Sana y Natural El cultivo Biológico volumen l y volumen ll.
Editorial Blume.
Varias
páginas en Internet.
Colaboración
desinteresada de Orlando Álvarez de Ferreiros.
OS USOS MEDICINAIS FORON RECOLLIDOS DAS NOSAS AVOAS
XANZÁ
Nome
científico: Gentiana
lutea L.
Familia:
Gencináceas.
Nomes
galegos: xenzá, xanzá e xenciana.
Descripción:
É unha planta de alta
montaña cunha raíz grosa da que sae na primavera o talo é oco con
follas grandes que nacen enfrontadas. As flores son de cor amarela e
nacen agrupadas nas axilas cunhas follas ó longo do talo e é unha
planta que florece durante o verán.
Como
a usaban as nosas avoas:
En
Seceda usábana para cando tiñan unha ferida: collíase a raíz da
xanzá, cocíase e bebíase esa auga.
En
Noceda usábana para purificar o sangue. Fervían unha raíz nun
litro de auga e tomábana durante 9 días en xaxún.
RUDA
Familia:
Nomes
galegos: ruda.
Descripción:
É
unha planta resistente que pode alcanzar os 80cm de altura. As súas
follas son de cor verde grisácea e as súas flores amarelas ofrecen
un fermoso espectáculo. Necesita un lugar seco e soleado; o terreo
pode ser pobre. Na cociña úsase só con moderación, pois as súas
follas teñen un sabor amargo e son consumidas en grandes doses poden
resultar venenosas.
Como
a usaban as nosas avoas:
En
Paderne usábana para o hinchazón. Machacaban unha rama con aceite e
allo, logo botábana onde estaba hinchado.
En
Seceda usábana para cando tiñan o estómago hinchado: collíase a
planta, logo facíanse as canellas en caldo e tomábanse.
En
Noceda usábana para as inflamacións da pel. Botaban un anaco da
planta nun pouco de aceite nunha tixola e untaban a pel inflamada coa
rama.
Tamén
dín que a ruda e unha planta moi caprichosa e que si non eres o dono
quen lle vai quitar unha rama que lle tes que deixar un lazo branco
para que non seque.
ORTIGA
Nome
científico: Urtica
dioica L.
Familia:
Urticáceas.
Nomes
galegos : ortiga, herba do cego e estruga.
Descripción:
A
ortiga crece preferentemente na proximidade das poboacións humanas,
en xardíns, xunto aos cercados e as escombreiras.
É
unha planta de talo cadrado e oco, con follas acoirozadas co seu
borde aserrado e dispostas ó longo do talo presentando pés con
flores masculinas e pés con flores femininas. Toda a planta está
recuberta por uns pelos rexos que conteñen na súa base
histamina, que produce comechume cando estes tocan a pel. Florece a
partir de xuño.
Como
a usaban as nosas avoas:
En
Paderne, son boas para a circulación do sangue. Collian as ortigas,
despois botabanas a secar. Logo cocíanas en auga e por último
bebían un pouco de auga con azucre.
En
Noceda usábana para o coresterol. Cocían a ortiga, despois coaban a
auga, deixábana enfriar e bebíana.
NOGUEIRA
Familia: juglandaceae.
Descripción:
É unha árbore monoica de
non máis de 30m. A raíz principal pivotante, que penetra moito no
solo e as raíces laterais son moi estendidas. O tronco é dereito,
cheo e groso e a cortiza, lisa e gris-prateada cando é nova,
escurece e fende pouco profundamente ao envellecer.
As follas tenas de 50-40cm e
están compostas de 5-9 folíolos de 6-15cm cada un. O froito é unha
drupa de 4-5cm (concho), primeiro verde e despois torna negra e fende
na madurez. A semente está partida en 4 lóbulos rugosos-asucados,
un en cada drupa (noz ). Madura entre setembro e outubro.
Como
a usaban as nosas avoas:
En Noceda usaban as follas
da nogueira para cando lles hinchaba alguna parte do corpo. Fervían
as follas e cando a auga estaba quente colaban a auga e frotaban no
hinchado.
En Seceda, en cambio, usaban
a casca verde do froito da nogueira para cando lles doían as moas.
Cocían en auga a casca e logo enxuagaban ben a boca.
CEBOLA
Familia:
liliáceas
Nomes
galegos: cebola
Descripción:
A
cebola é orixinaria de Asia central, coma o allo e a chalota. É
unha planta de climas temperados e non húmidos, necesita terreos non
calcáreos, soltos, sans, profundos e ricos en materia orgánica. A
cebola é a parte subterránea en forma de bulbo amarelo, vermello
violáceo dunha planta pequena que ten as ramas verdes e redondas que
están ocas por dentro.
A
cebola blanca recoléctase a final da primavera e as doutra cor
recóllense a final do verán. Recoléctase en todos os países do
Mediterráneo. Esta planta non so a usa como planta medicinal si non
que tamén a usan para a comida.
Cómo
a usaban as nosas avoas:
En
Noceda utilizábana para os problemas respiratorios. Collían unha
cebola enteira e fervíana nun litro de auga para logo coar a auga e
tomala.
MACELA
Nome
científico: Matricaria Chamonilla L.
Familia:
Compostas.
Nome
galego: Macela
Descripción:
Crece
a o borde dos camiños en terra de cultivo e páramos; alcanza unha
altura de 20-50cm. É unha herba coas follas moi divididas e unhas
flores grandes cunha parte central marela rodeada de lígulas(apéndice
membranoso que presentan as prantas gramíneas na base das follas
epligote)brancas.
Florece
durante a primavera e as veces durante parte do verán.
Como
o usaban as nosas avoas:
En
Paderne, Seceda e Noceda, utilizábase a Macela para cando che doía
o estómago ou a barriga, ou para facer a dixestión.
Facíase
cocen a flor e o talo en auga, colaban a auga e logo bebíana con
azucre.
XARXA
Nome
científico: Salvia officinalis L.
Familia:
labiadas
Nomes
galegos: Xarxa e Sarxa
Descripción:
Esta
planta ten de 30-80cm de altura. A raíz é leñosa e dela saen talos
cadrados con follas aveludadas,(que ten aspecto de veluda(tecido de
seda, la, algodón, etc...)e con pelo curto nuha das súas caras.)
rematando nunha espiga de flores dee cor azul violeta.
Florece
de abril a maio ata finais do verán.
Como
o usaban as nosas avoas.
En
Paderne, usábana para as cortaduras e as infeccións, facíase
cocendo en auga unha rama e despois botaban esa auga na cortadura.
En
Seceda, usábana para lavar a dentadura, collíase toda a pranta e
cocíase en auga e logo con esa auga lavábase a dentadura.
PERICÓN
Nome
científico: Hypericum perforatum L.
Familia:
Hipericácea
Nome
galego: Herba das feridas, hipéricón, pericón.
Crece
en prados secos, o borde dos bosques e veredas(camín estrito).
Reconocese polas súas flores amarelas que ao frótalas volvense
roxas e polas puntiñas brancas que levan as follas(células
olaginosas( que se parece o aceite ou que ten aceite). Florece de
junio a julio. Utilizase a herba en flor.
Indicacións:
Nerviosismo,
lixeiras depresións, reuma, luxacións, feridas da mala cicatrición.
Como
o usaban as nosas avoas.
En
Paderne, usábase para a dor de garganta. Cocían a flor e logo
facían gárgaras ata que pensaban que xa estaba enxaguada.
Sín
embargo en Mercurín usábana para a piel.
SOLDA
CON SOLDA
Nome
científico: Symphytum officinalis L.
Familia:
Nome
galego: Solda con Solda, herba das cortaduras, orella de asno,
sifinito maior.
Descripción:
Crece
extendida polos prados húmedos, terras de labranza, lindeiras dos
bosques e cunetas.
Talo
e follas ásperas, flores acampanadas(con forma de campana, e decir
mais anchas por abaixo) brancas e de cor violeta roxizo.
Úsase
en infusión poden emplearse tanto as follas coma as raíces.
No
uso interno actúa contra as dores reumáticas.
Como
o usaban as nosas avoas.
En
Paderne, usábana para curar as feridas. Cocíase a flor e logo
botábana a auga na ferida. Encontrábana no monte.
Sin
embargo o libro que consultei dice que é para as hemorraxias,
inflamacións das venas, pernas ulceradas e supuracións crónicas.
Carbei
ou Chupón
Nome científico:Rumex cripus
Familia:
Poligonáceas
Nome
en galego: Carbei ou chupón
Descripción:
Planta
recta, mui ramificada, perenne, de ata 1,5 m. follas estreitas y
lanceoladas, normalmente de marxen ondulado. As basales con pecíolos
largos, lanceoladas a oblongo-lanceoladas, de 10 a 30 cm de longo,
borde frecuentemente ondulado, coa venación manifesta, as follas
superiores más reducidas. As inflorescencia co as flores
verticiladas e dispostas en panículas densas, estreitas, alongadas,
ascendentes, de 10 a 50 cm de longo, pedicelos florales de 5 a 10 mm
de longo, articulados cerca da base. Segmentos periánticos de froito
acorazonado, eniro, con tres (raramente unha) protubernacias. Florece
no verán
Como
o usaban as nosas avoas
En
Seceda, usábano para cando tiñas unha inflamación na pel.
Collíanse as follas, cociánse (normalmente en 1 litro de auga ) e
lo poñíano n ainflamación durante 3-4 minutos e deixaban de botalo
cando xa lles parecía que estaba curado.
CERUDA
Nome
científico: Chelidoniun majus L.
Familia:
Papaveráceas
Nomes
galegos: Celidonia, celidonia maior, ceruda, herba das verrugas,
herba da anduriña.
Segundo
indica Dioscóridess o seu nome celidonia significa “golondrinera’’,
“porque nace cando veñen as golondrinas ou as anduriñas e cando
se van secase e marchita.
Descripción:
Crece
principalmente cerca de muros cerrados.
É
una pranta que brota anualmente dunha cepa de cor verde glauco moi
luxenta, con flores marelas moi vistosas e con catro pétalos
caedizos. Cando se rompe deixa escapar un zume de cor marela.
Florece
o inicio da primavera, en lugares sombrios sobre todo ó lado de
valos (parapeto que defende ou cerca un campo. Valado) e perto de
lugares habitados polo home.
Como
o usaban as nosas avoas.
En
Seceda, usábana para cando tiñas mal a circulación. Facíase a
flor e a folla cocidas en auga e logo tomábase.
En
Paderne, é boa para as cortaduras, botában o líquido amárelo que
ten, na ferida.
Cola
de cabalo
Familia:
Nombre
científico: Equisetum arvense L.
Nome
en castelán: cola de caballo
Descripción:
Crece
en terreos húmedos e arcillosos, páramos, bordes de matorrales. Se
utilizan los brotes consistentes en un tallo de hasta 30 cm de alto,
con ramas laterales, e infecundados. Se secan al aire después de ser
atados en manojos para poder colgarlos.
En
Seceda, sirve para as infecciones de orina. Deixase macerar 1 ó 2
cucharaditas da herba en ¼ de litro de agua fría por espacio de
12 horas. 3 tazas diarias.
Herba Luisa
Familia:
Verbenácea
Nomes
galegos: Herba Luisa, Reina Luisa.
Descripción:
Este
arbusto, que pode chegar a dous m de altura, provén de Sudamérica e
foi introducido nos países do Norte como planta exótica de xardín.
A
Herba Luisa ten agradables verticilos ( é un conxunto de tres ou
máis follas,ramas ou outros órganos que brotan dun talo no mismo
nivel) que salen de delgadas follas de 6-8cm de longo, con nervios
marcados.
Nace
na primavera, sobre abril e maio.
Como
o usaban as nosas avoas
En
Paderne e tamén en Valdomir, serve para as dores de barriga.
Cocíase
toda a pranta e logo bebían a auga.
Malvela,
Hedra Terrestre…
Nome
común o vulgar: Hedra terrestre, Herba de San Xoan, Herba terrestre
Nome
científico o latino: Glechoma hederacea
Familia:
Labiadas.
Descrición:
Herba
de crecemento rastreiro, desparramao sobre o solo.
Curiosamente,
as ramas que van a botar flor empinanse e crecen ata un palmo de
altura.
As
follas están enfrontadas, 2 en cada nó.
Como
o usaban as nosas avoas:
En
Seceda, usábana para as feridas. Collían as follas e cocíanas, e
logo botábanas riba da ferida.
VIOLETA
Nome
científico: Viola Odorata
Familia:
Violacea
Nomes
galegos: Viola
Descripción:
Un
rizoma corto e groso que parcialmente está encima do suelo, produce
unha roseta de follas pedunculares (Rabo que une as flores, follas ou
froitos o talo), verdioscuras (Que son verdes oscuras), acorazonadas
con marxes lixeiramente dentados.
Como
o usaban as nosas avoas
En
Seceda, usábana para cando tiñas unha ferida, facíase cocendo as
follas e logo poñendoa na ferida.
No
libro que consultamos, úsana para a bronquiti, a tos ou para o
catarro.
Nome
científico: Foenicum vulgar L.
Nome
en galego: hinojo
Descrición:
Pranta
orixinaria da rexión mediterránea que se cultiva en toda Europa.
Umbelífera de 1 e 2 m de altura.
As
nosas avoas usábano:
En
Valdomir para expulsar os gases, o catarro é a tos. Férvense as
follas e tomase en infusión.
Dente
de león:
Nome
científico: Taraxacún officinale wéber
Familia:
Compuestas
Nome
en galego:
Descrición:
O
dente de león é unha planta común que se pode ver case en calquer
prado. O abrir o cerrar as flores, dicen se hai bo ou mal tempo. O
nome dente de león refírese o modo no que os as súas follas
mostran dentes puntiagudos.
As
nosas aboas usábano:
En
Valdomir para lavar o estómago e orinar. Fervense as follas e úsase
en infusión.
Melisa:
Nome
científico: Melissa oficimsles
Familia:
Labiadas
Nome
en galego:Melisa
Descrición:
Ten
un forte aroma a limón. Prefere as terras ricas en humus e no
inverno debe estar protexida contra as xeadas.
Os
brotes xóvenes úsanse en ensaladas e salsas. Na cociña pódese
emplear cruda.
Pódese
utilizar para infusións, aunque perde algo o aroma. É
tranquilizante e recoméndase especialmente para os nervios.
As
nosas avoas utilizábano:
En
Valdomir para os nervios, axuda a durmir. Férvense as follas e
tómase en infusión.
Espliego:
Nome
científico: Lavandu litifolia medicus
Familia:
Labiados
Nome
en galego:
Descrición:
Arbusto
perenne de ata 1,5 m de altura, Moi parecida a lavanda. Follas
ampliadas hacia o ápice, moi tomentosas e de cor verde grisáceo.
Flores reunidas en espigas máis compactas ca lavanda.
Esta
pranta e habitual na conca mediterránea, donde se poden encontrar en
lugares secos de natureza calcarea.
As
nosas avoas usábano:
En
Valdomir, para os nervios. Férvense as follas e tomase en infusións.
Herbaluisa:
Nome
científico:Lippia triphylla
Familia:Verbences
Descrición:
Arbusto
aromático de ata 2 m de altura de talo ramificado. As flores son de
cor violeta pálido e lila.
Orixinaria
de Perú e Chile. Cultívase en Europa desde o século XVIII.
As
nosas avoas
usábano
En
Valdomir para
as dores de barriga e para facer a dixestión. Férvense as follas e
tómase en infusión.
TOMILLO.
Nome
científico: Thymus vulgaris L
Familia:
Labiadas
Nome en
gallego: Tomentelo
e Tomilho
Descripción
común:
pequeno
semiarbustu e erguidos oriunda da rexión do Mediterráneo. Alcanza
unha altura de 10 a 25cm. As súas follas son elípticas de cuatro a
10mm. As súas pequenas flores labiadas son de cor rosa e violácea
e toda a planta desprende un intenso aroma. Utilizase as partes
superiores dos brotes florígeros(denben secarse ao aire).
Substancias
activas: Este semiarbusto desprende un aceite esencial.
Preparación:
Vertese
un ¼ de litro de auga sobre unha cuchara colmada de herba e ponse a
ferver, ao primeiro fervor cóase. E tómanse tres tazas ao día.
Como o
usaban as nosas avóas:
En Paderne e en Folgoso era bó
para a tós. Fervese a rama do Tomentelo en auga e despois cóase e
tómase a auga.
En Noceda era bó para as
dixestións fervese a flor e o talo en auga, despois colan auga e
tomase esa auga.
ROMEO
Nome
científico: Rosmainus officinalis L.
Familia: Lamiaceae
Nome en galego: Romeo.
Descripción
Común: Común na rexión Mediterránea, en xeral, é moi
abundante nos terreos con desnivel secas. É un vistoso arbusto de
follas sempre verdes, lineales que constituen a parte utilizable. As
flores labiadas (forma de beizo) son de cor azul.
Como o
usaban as nosas avóas:
En Noceda, usabano para a
garganta, fervíase a rama e logo, facían gárgaras coa auga.
En Paderne, usabano para as
cortaduras e as infeccións, cocían en auga unha rama e logo botaban
a auga na cortadura.
En Folgoso, usabano para as
dores da regla e para o inchazón. Facíase cocendo uns trozos de
romeo con auga cando se seca a auga escúrrese e tómase esa auga
En Seceda, usabano para cando
lles doían as moas, collíase a canella do romeo(tanto ten seca que
verde). Facíase fervendo en auga a canella, e logo enxaguabase a
boca con esa auga.
EUCALIPTO
Nome
científico: Eucalyptus globulus
Familia:
Myrtaceae
Nome en
gallego: Alcolito
Descripción
Común: Árbol que pode medir hasta 60 metros. Raíz
principal penetrante e raíces laterales someras. Tronco dereito e
liso, corteza lisa, blanquecina o grisácea nos exemplares novos,
desprende en tiras lonxitudinais de consistencia. Copa alta alongada
mais o menos obulada e tensa follas persistentes, simples e olorosas.
Opostas de cusadas obadas, sentadas, flexibles, caducas e proinosas.
As follas difinitivas non son verdadeiras follas se non peciolas,
ancheadas e laminadas que sustituen ao limbo foliar.
Flores hemafroditas,
axilares, solitareas sentadas sobre un cuarto pendúculo. A flor ten
cuatro sépalos, cuatro pétalos, éstames numerosos e ovario infero.
Cuberta por operculo ou tapadeira apuntada no centro que cae ao
abrirse a flor. Florece no inverno, o froito e unha cápsula de 10
menos 15 por 15 menos 30 mm, leñoso, globosa, verrugosa, olorosa,
negruzca e povista de 4 cortelos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)