Día 30
de Maio do 2012 Hoxe
fixemos a nosa primeira actividade “proxecto Rios”
xa case como alumnos de Secundaria , esta actividade foi organizada por Lourdes
a profe de Ciencias Naturales da ESO se
ben a nosa tutora tamen participou e acompañounos Paco Banhobre, un membro de ADEGA .
Escollemos o Rio Pequeno , e no tramo próximo a Paderne. Fomos en autobús ata Paderne, baixamos polo
medio do lugar, donde hai unhas casas ben bonitas, continuamos ata o rio. Unha vez
alí Paco estivo explicando en que ía consistir a experiencia que íamos a facer,
que podiamos atopar, ensinounos uns bichos que aparecian nunhas láminas. Logo comenzamos
collendo con unhas nasa unhas mostras do fondo do río e debrocandoas nunhas
bandexas que tiñamos preparadas.
Despois
estuvemos vendo, catalogando os bichos que sairon:
tricópteros, plecópteros, efemerópteros… etc , logo volvémolos o seu habitat é
decir ó rio.
Despois , medimos a temperatura da auga, o pH
, o osíxeno, e o nitróxeno.
Foi moi moi divertido, sentímonos coma uns
grandes investigadores a vez que foi superdivertido .
Fixemos
un alto para comer os bocatas que nos fixeran no Colexio e algo de froita, pero
logo tiñamos que continuar pois ainda non remataramos, faltaba recorrer 500m de tramo de rio para facer unha inspección directa do
cauce do rio por certo ¿sabedes cántas árbores diferentes vimos? Moitisimas :
Abedules, pradairos, ameneiros, salgueiros, rebolos, cerdeiras, castiñeiros,
abelairas, chopos.. e moi perto habia arandeiras en flor.
Pero tamén había plásticos en dous lugares .
A saúde do rio é boa, que nos produciu alegria
sabelo a vista dos nosos experimentos
No hay comentarios:
Publicar un comentario