Hoxe día 25 de Maio, fomos ver a VI
OLIMPIADA TECNOLOXICA.
Fomos andando, pois polo camiño
estamos cerca de Seoane (este ano organizouna a Profesora de
Tecnoloxía do noso Colexio) . Pudemos ver a presa da ferrería, e
tamén soubemos que fai anos alí houbo unha central hidroeléctrica
que daba luz para Seoane. Foi bonito pois ibamos todos xuntos e
ademais hai moitas árbores ao longo do recorrido.

Seguindo no percorrido acercamonos o
Centro Médico, alí os participantes estaban no recreo e unha profe
explicounos unha das probas, chamounos a atención que as preguntas
eran en inglés, pero puxemonos moi contentos pois resolvemos a que
nos fixeron.
Continuamos ata a Igrexia, e tamen
vimos como os rapaces se concentraban para resolver a proba.


Xa era hora de baixar para o Colexio
pois aproximabase a hora do xantar, para volver foi mais doado (era
costa abaixo).
Pasámolo ben, e sabemos que cando o
poidamos facer nos, non vamos estar moi nerviosos pois algo xa
sabíamos este ano, e como vamos aprender moito ainda ¡¡van estar tiradas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario