viernes, 15 de junio de 2012

PLANTAS MEDICINAIS


 BIBLIOGRAFÍA para a descrición das plantas

Antelo Docampo, Pilar. 1956. As Plantas Medicinais. Editorial Irindo.
Pahlow, Mannfried. 2001. Plantas Medicinales Guía de la Naturaleza. Editorial Everest.
William A.R. Thomson, D.M. 1989. Biblioteca blume de la naturaleza. Las plantas Medicinales. Editorial blume.
Leiro, Adela. 2004. Espazos Naturais. Provincia de Lugo. Editorial A Nosa Terra.
Niño Ricoi, Henrique. 2001. Guía das árboles de Galicia. Editorial Baía.
Caramelo Rego, Carlos. 1998. Espacios Naturais de Galicia. 4. Provincia de Lugo. Editorial Baía.
Bruns/Schmidt. Biblioteca Blume de la Naturaleza. Vida Sana y Natural El cultivo Biológico volumen l y volumen ll. Editorial Blume.
Varias páginas en Internet.
Colaboración desinteresada de Orlando Álvarez de Ferreiros.
OS USOS MEDICINAIS FORON RECOLLIDOS DAS NOSAS AVOAS 


 XANZÁ


Nome científico: Gentiana lutea L.                                
Familia: Gencináceas.
Nomes galegos: xenzá, xanzá e xenciana.                       


Descripción:
É unha planta de alta montaña cunha raíz grosa da que sae na primavera o talo é oco con follas grandes que nacen enfrontadas. As flores son de cor amarela e nacen agrupadas nas axilas cunhas follas ó longo do talo e é unha planta que florece durante o verán.


Como a usaban as nosas avoas:
En Seceda usábana para cando tiñan unha ferida: collíase a raíz da xanzá, cocíase e bebíase esa auga.
En Noceda usábana para purificar o sangue. Fervían unha raíz nun litro de auga e tomábana durante 9 días en xaxún.
                  


RUDA


Nome científico: Ruta grareolens                                  
Familia:
Nomes galegos: ruda.


Descripción:
É unha planta resistente que pode alcanzar os 80cm de altura. As súas follas son de cor verde grisácea e as súas flores amarelas ofrecen un fermoso espectáculo. Necesita un lugar seco e soleado; o terreo pode ser pobre. Na cociña úsase só con moderación, pois as súas follas teñen un sabor amargo e son consumidas en grandes doses poden resultar venenosas.


Como a usaban as nosas avoas:
En Paderne usábana para o hinchazón. Machacaban unha rama con aceite e allo, logo botábana onde estaba hinchado.
En Seceda usábana para cando tiñan o estómago hinchado: collíase a planta, logo facíanse as canellas en caldo e tomábanse.
En Noceda usábana para as inflamacións da pel. Botaban un anaco da planta nun pouco de aceite nunha tixola e untaban a pel inflamada coa rama.
Tamén dín que a ruda e unha planta moi caprichosa e que si non eres o dono quen lle vai quitar unha rama que lle tes que deixar un lazo branco para que non seque.
                              ORTIGA


Nome científico: Urtica dioica L.
Familia: Urticáceas.
Nomes galegos : ortiga, herba do cego e estruga.


Descripción:
A ortiga crece preferentemente na proximidade das poboacións humanas, en xardíns, xunto aos cercados e as escombreiras.
É unha planta de talo cadrado e oco, con follas acoirozadas co seu borde aserrado e dispostas ó longo do talo presentando pés con flores masculinas e pés con flores femininas. Toda a planta está recuberta por uns pelos rexos que conteñen na súa base histamina, que produce comechume cando estes tocan a pel. Florece a partir de xuño.


Como a usaban as nosas avoas:
En Paderne, son boas para a circulación do sangue. Collian as ortigas, despois botabanas a secar. Logo cocíanas en auga e por último bebían un pouco de auga con azucre.
En Noceda usábana para o coresterol. Cocían a ortiga, despois coaban a auga, deixábana enfriar e bebíana.




  NOGUEIRA

                                         
Nome científico: Juglans regia L.                                                                                          
Familia: juglandaceae.                                                            
Nomes galegos: nogueira, noceira, concheira e nogal.


Descripción:
É unha árbore monoica de non máis de 30m. A raíz principal pivotante, que penetra moito no solo e as raíces laterais son moi estendidas. O tronco é dereito, cheo e groso e a cortiza, lisa e gris-prateada cando é nova, escurece e fende pouco profundamente ao envellecer.
As follas tenas de 50-40cm e están compostas de 5-9 folíolos de 6-15cm cada un. O froito é unha drupa de 4-5cm (concho), primeiro verde e despois torna negra e fende na madurez. A semente está partida en 4 lóbulos rugosos-asucados, un en cada drupa (noz ). Madura entre setembro e outubro.


Como a usaban as nosas avoas:
En Noceda usaban as follas da nogueira para cando lles hinchaba alguna parte do corpo. Fervían as follas e cando a auga estaba quente colaban a auga e frotaban no hinchado.
En Seceda, en cambio, usaban a casca verde do froito da nogueira para cando lles doían as moas. Cocían en auga a casca e logo enxuagaban ben a boca.



CEBOLA


Nome científico: Allium cepa. L                      
Familia: liliáceas                                                      
Nomes galegos: cebola


Descripción:
A cebola é orixinaria de Asia central, coma o allo e a chalota. É unha planta de climas temperados e non húmidos, necesita terreos non calcáreos, soltos, sans, profundos e ricos en materia orgánica. A cebola é a parte subterránea en forma de bulbo amarelo, vermello violáceo dunha planta pequena que ten as ramas verdes e redondas que están ocas por dentro.
A cebola blanca recoléctase a final da primavera e as doutra cor recóllense a final do verán. Recoléctase en todos os países do Mediterráneo. Esta planta non so a usa como planta medicinal si non que tamén a usan para a comida.
Cómo a usaban as nosas avoas:
En Noceda utilizábana para os problemas respiratorios. Collían unha cebola enteira e fervíana nun litro de auga para logo coar a auga e tomala.





                             MACELA
Nome científico: Matricaria Chamonilla L.
Familia: Compostas.
Nome galego: Macela                                        


Descripción:
Crece a o borde dos camiños en terra de cultivo e páramos; alcanza unha altura de 20-50cm. É unha herba coas follas moi divididas e unhas flores grandes cunha parte central marela rodeada de lígulas(apéndice membranoso que presentan as prantas gramíneas na base das follas epligote)brancas.
Florece durante a primavera e as veces durante parte do verán.


Como o usaban as nosas avoas:
En Paderne, Seceda e Noceda, utilizábase a Macela para cando che doía o estómago ou a barriga, ou para facer a dixestión.
Facíase cocen a flor e o talo en auga, colaban a auga e logo bebíana con azucre.


XARXA
Nome científico: Salvia officinalis L.
Familia: labiadas
Nomes galegos: Xarxa e Sarxa


Descripción:
Esta planta ten de 30-80cm de altura. A raíz é leñosa e dela saen talos cadrados con follas aveludadas,(que ten aspecto de veluda(tecido de seda, la, algodón, etc...)e con pelo curto nuha das súas caras.) rematando nunha espiga de flores dee cor azul violeta.
Florece de abril a maio ata finais do verán.
 

Como o usaban as nosas avoas.
En Paderne, usábana para as cortaduras e as infeccións, facíase cocendo en auga unha rama e despois botaban esa auga na cortadura.
En Seceda, usábana para lavar a dentadura, collíase toda a pranta e cocíase en auga e logo con esa auga lavábase a dentadura.


PERICÓN
Nome científico: Hypericum perforatum L.
Familia: Hipericácea
Nome galego: Herba das feridas, hipéricón, pericón.


Descripción:
Crece en prados secos, o borde dos bosques e veredas(camín estrito). Reconocese polas súas flores amarelas que ao frótalas volvense roxas e polas puntiñas brancas que levan as follas(células olaginosas( que se parece o aceite ou que ten aceite). Florece de junio a julio. Utilizase a herba en flor.
Indicacións:
Nerviosismo, lixeiras depresións, reuma, luxacións, feridas da mala cicatrición.


Como o usaban as nosas avoas.
En Paderne, usábase para a dor de garganta. Cocían a flor e logo facían gárgaras ata que pensaban que xa estaba enxaguada.
Sín embargo en Mercurín usábana para a piel.

SOLDA CON SOLDA
Nome científico: Symphytum officinalis L.
Familia:
Nome galego: Solda con Solda, herba das cortaduras, orella de asno, sifinito maior.

Descripción:
Crece extendida polos prados húmedos, terras de labranza, lindeiras dos bosques e cunetas.
Talo e follas ásperas, flores acampanadas(con forma de campana, e decir mais anchas por abaixo) brancas e de cor violeta roxizo.
Úsase en infusión poden emplearse tanto as follas coma as raíces.
No uso interno actúa contra as dores reumáticas.


Como o usaban as nosas avoas.
En Paderne, usábana para curar as feridas. Cocíase a flor e logo botábana a auga na ferida. Encontrábana no monte.
Sin embargo o libro que consultei dice que é para as hemorraxias, inflamacións das venas, pernas ulceradas e supuracións crónicas.
Carbei ou Chupón

Nome científico:Rumex cripus
Familia: Poligonáceas
Nome en galego: Carbei ou chupón   
Descripción:
Planta recta, mui ramificada, perenne, de ata 1,5 m. follas estreitas y lanceoladas, normalmente de marxen ondulado. As basales con pecíolos largos, lanceoladas a oblongo-lanceoladas, de 10 a 30 cm de longo, borde frecuentemente ondulado, coa venación manifesta, as follas superiores más reducidas. As inflorescencia co as flores verticiladas e dispostas en panículas densas, estreitas, alongadas, ascendentes, de 10 a 50 cm de longo, pedicelos florales de 5 a 10 mm de longo, articulados cerca da base. Segmentos periánticos de froito acorazonado, eniro, con tres (raramente unha) protubernacias. Florece no verán
Como o usaban as nosas avoas
En Seceda, usábano para cando tiñas unha inflamación na pel. Collíanse as follas, cociánse (normalmente en 1 litro de auga ) e lo poñíano n ainflamación durante 3-4 minutos e deixaban de botalo cando xa lles parecía que estaba curado.


CERUDA

Nome científico: Chelidoniun majus L.
Familia: Papaveráceas
Nomes galegos: Celidonia, celidonia maior, ceruda, herba das verrugas, herba da anduriña.


Segundo indica Dioscóridess o seu nome celidonia significa “golondrinera’’, “porque nace cando veñen as golondrinas ou as anduriñas e cando se van secase e marchita.


Descripción:
Crece principalmente cerca de muros cerrados.
É una pranta que brota anualmente dunha cepa de cor verde glauco moi luxenta, con flores marelas moi vistosas e con catro pétalos caedizos. Cando se rompe deixa escapar un zume de cor marela.
Florece o inicio da primavera, en lugares sombrios sobre todo ó lado de valos (parapeto que defende ou cerca un campo. Valado) e perto de lugares habitados polo home.
Como o usaban as nosas avoas.


En Seceda, usábana para cando tiñas mal a circulación. Facíase a flor e a folla cocidas en auga e logo tomábase.
En Paderne, é boa para as cortaduras, botában o líquido amárelo que ten, na ferida. 
 
Cola de cabalo
Familia:
Nombre científico: Equisetum arvense L.
Nome Galego: cola de cabalo                    
Nome en castelán: cola de caballo
Descripción:
Crece en terreos húmedos e arcillosos, páramos, bordes de matorrales. Se utilizan los brotes consistentes en un tallo de hasta 30 cm de alto, con ramas laterales, e infecundados. Se secan al aire después de ser atados en manojos para poder colgarlos.


Como a usaban as nosas avoas
En Seceda, sirve para as infecciones de orina. Deixase macerar 1 ó 2 cucharaditas da herba en ¼ de litro de agua fría por espacio de 12 horas. 3 tazas diarias.

Herba Luisa 


Nome científico: Aloysia Triphylla
Familia: Verbenácea
Nomes galegos: Herba Luisa, Reina Luisa.

Descripción:
Este arbusto, que pode chegar a dous m de altura, provén de Sudamérica e foi introducido nos países do Norte como planta exótica de xardín.
A Herba Luisa ten agradables verticilos ( é un conxunto de tres ou máis follas,ramas ou outros órganos que brotan dun talo no mismo nivel) que salen de delgadas follas de 6-8cm de longo, con nervios marcados.
Nace na primavera, sobre abril e maio.


Como o usaban as nosas avoas
En Paderne e tamén en Valdomir, serve para as dores de barriga.
Cocíase toda a pranta e logo bebían a auga.



   Malvela, Hedra Terrestre…
Nome común o vulgar: Hedra terrestre, Herba de San Xoan, Herba terrestre
Nome científico o latino: Glechoma hederacea
Familia: Labiadas.
Descrición:
Herba de crecemento rastreiro, desparramao sobre o solo.
Curiosamente, as ramas que van a botar flor empinanse e crecen ata un palmo de altura.
As follas están enfrontadas, 2 en cada nó.
Como o usaban as nosas avoas:
En Seceda, usábana para as feridas. Collían as follas e cocíanas, e logo botábanas riba da ferida.

VIOLETA


Nome científico: Viola Odorata
Familia: Violacea
Nomes galegos: Viola
Descripción:
Un rizoma corto e groso que parcialmente está encima do suelo, produce unha roseta de follas pedunculares (Rabo que une as flores, follas ou froitos o talo), verdioscuras (Que son verdes oscuras), acorazonadas con marxes lixeiramente dentados.
As flores violetas azuadas, de longo peciolo e olorosas, aparecen o mesmo tempo.
Como o usaban as nosas avoas
En Seceda, usábana para cando tiñas unha ferida, facíase cocendo as follas e logo poñendoa na ferida.
No libro que consultamos, úsana para a bronquiti, a tos ou para o catarro.
Hinojo:
Nome científico: Foenicum vulgar L.
Familia: Umbelíferas
Nome en galego: hinojo

Descrición:
Pranta orixinaria da rexión mediterránea que se cultiva en toda Europa. Umbelífera de 1 e 2 m de altura.
As nosas avoas usábano:
En Valdomir para expulsar os gases, o catarro é a tos. Férvense as follas e tomase en infusión.




Dente de león:
Nome científico: Taraxacún officinale wéber
Familia: Compuestas
Nome en galego:

Descrición:
O dente de león é unha planta común que se pode ver case en calquer prado. O abrir o cerrar as flores, dicen se hai bo ou mal tempo. O nome dente de león refírese o modo no que os as súas follas mostran dentes puntiagudos.
As nosas aboas usábano:
En Valdomir para lavar o estómago e orinar. Fervense as follas e úsase en infusión.


Melisa:
Nome científico: Melissa oficimsles
Familia: Labiadas
Nome en galego:Melisa

Descrición:
Ten un forte aroma a limón. Prefere as terras ricas en humus e no inverno debe estar protexida contra as xeadas.
Os brotes xóvenes úsanse en ensaladas e salsas. Na cociña pódese emplear cruda.
Pódese utilizar para infusións, aunque perde algo o aroma. É tranquilizante e recoméndase especialmente para os nervios.
As nosas avoas utilizábano:
En Valdomir para os nervios, axuda a durmir. Férvense as follas e tómase en infusión.




Espliego:
Nome científico: Lavandu litifolia medicus
Familia: Labiados
Nome en galego:

Descrición:
Arbusto perenne de ata 1,5 m de altura, Moi parecida a lavanda. Follas ampliadas hacia o ápice, moi tomentosas e de cor verde grisáceo. Flores reunidas en espigas máis compactas ca lavanda.
Esta pranta e habitual na conca mediterránea, donde se poden encontrar en lugares secos de natureza calcarea.
As nosas avoas usábano:
En Valdomir, para os nervios. Férvense as follas e tomase en infusións.


Herbaluisa:
Nome científico:Lippia triphylla
Familia:Verbences
Nome en galego: herbaluisa

Descrición:
Arbusto aromático de ata 2 m de altura de talo ramificado. As flores son de cor violeta pálido e lila.
Orixinaria de Perú e Chile. Cultívase en Europa desde o século XVIII.
As nosas avoas usábano
En Valdomir para as dores de barriga e para facer a dixestión. Férvense as follas e tómase en infusión.

TOMILLO.
Nome científico: Thymus vulgaris L
Familia: Labiadas
Nome en gallego: Tomentelo e Tomilho
Descripción común: pequeno semiarbustu e erguidos oriunda da rexión do Mediterráneo. Alcanza unha altura de 10 a 25cm. As súas follas son elípticas de cuatro a 10mm. As súas pequenas flores labiadas son de cor rosa e violácea e toda a planta desprende un intenso aroma. Utilizase as partes superiores dos brotes florígeros(denben secarse ao aire).
Substancias activas: Este semiarbusto desprende un aceite esencial.
Preparación: Vertese un ¼ de litro de auga sobre unha cuchara colmada de herba e ponse a ferver, ao primeiro fervor cóase. E tómanse tres tazas ao día.


Como o usaban as nosas avóas:
En Paderne e en Folgoso era bó para a tós. Fervese a rama do Tomentelo en auga e despois cóase e tómase a auga.
En Noceda era bó para as dixestións fervese a flor e o talo en auga, despois colan auga e tomase esa auga.

ROMEO
Nome científico: Rosmainus officinalis L.
Familia: Lamiaceae
Nome en galego: Romeo.
Descripción Común: Común na rexión Mediterránea, en xeral, é moi abundante nos terreos con desnivel secas. É un vistoso arbusto de follas sempre verdes, lineales que constituen a parte utilizable. As flores labiadas (forma de beizo) son de cor azul.
Como o usaban as nosas avóas:
En Noceda, usabano para a garganta, fervíase a rama e logo, facían gárgaras coa auga.
En Paderne, usabano para as cortaduras e as infeccións, cocían en auga unha rama e logo botaban a auga na cortadura.
En Folgoso, usabano para as dores da regla e para o inchazón. Facíase cocendo uns trozos de romeo con auga cando se seca a auga escúrrese e tómase esa auga
En Seceda, usabano para cando lles doían as moas, collíase a canella do romeo(tanto ten seca que verde). Facíase fervendo en auga a canella, e logo enxaguabase a boca con esa auga.

EUCALIPTO
Nome científico: Eucalyptus globulus


Familia: Myrtaceae
Nome en gallego: Alcolito
Descripción Común: Árbol que pode medir hasta 60 metros. Raíz principal penetrante e raíces laterales someras. Tronco dereito e liso, corteza lisa, blanquecina o grisácea nos exemplares novos, desprende en tiras lonxitudinais de consistencia. Copa alta alongada mais o menos obulada e tensa follas persistentes, simples e olorosas. Opostas de cusadas obadas, sentadas, flexibles, caducas e proinosas. As follas difinitivas non son verdadeiras follas se non peciolas, ancheadas e laminadas que sustituen ao limbo foliar.
Flores hemafroditas, axilares, solitareas sentadas sobre un cuarto pendúculo. A flor ten cuatro sépalos, cuatro pétalos, éstames numerosos e ovario infero. Cuberta por operculo ou tapadeira apuntada no centro que cae ao abrirse a flor. Florece no inverno, o froito e unha cápsula de 10 menos 15 por 15 menos 30 mm, leñoso, globosa, verrugosa, olorosa, negruzca e povista de 4 cortelos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario