O ENTROIDO EN CAUREL
Según as nosas investigacións,
despois de preguntar os maiores do Concello dende Savane ata Froxán,
soupemos.
O entroido comenzaba o domingo anterior
(domingo corredoiro)
Antes usaban roupas vellas para
disfrazarse, chamábanse felos.
Tamén
soupemos que o pasaban de marabilla os mozos e mozas, tirándose
cinza (fariña non había) uns os outros, asi coma enzoufandose coa
tinta que recollian dos tizois das lareiras. Pero tamen se tiraban
auga a cubos, e con artiluxios feitos para a ocasión.
Pola
noite saian os felos, que eran invitados a comer polos veciños,
tamén lles daban cousas: chicho, chourizos....que logo facian festa
para comelos.
Había
bailes e cantos en todolos lugares.
Había
un personaxe moi importante o
meco esto
era un boneco de palla, que vestían con roupas de home ou de muller
según o dono. As mulleres gardaban a meca e os homes o meco para
evitar que lle lo roubaran os outros. Tamen facían un meco que
intentaban deixalo noutro lugar e asi había un trasiego de lugar en
lugar para non aloxar o meco doutro lugar no seu.
O
ultimo día ardian os mecos e cada quen trataba de salvar o seu os
homes o meco e as mulleres a meca.
Comíase
cocido ou sencillamente chicho con cachelos e as veces en vez de
patacas usabanse as castañas secas que eran mais abondosas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario