lunes, 26 de mayo de 2014
ÚLTIMO TRAMO RIO LOR
Co Programa VOZ NATURA
Estuvemos vendo o rio Lor e agás no nacemento que si o utilizan para regar os prados, non lle encontramos mais actividades que se desenvolvan hoxe no río, pero o acercarnos a desembocadura conta con unha piscifactoria.
Primeiro estivemos en piscilor alí podemos ver todo o proceso para criar unha troita dende que o ovo eclosiona, os coidados que teñen que ter os alevíns asi como logo fan para a súa clasificación por tamaños.
Tamen como cando hai moitas troitas lles enriquecen a auga con oxíxeno
Todo esto contounolo o dono, Victor un señor moi agradable e afable que nos contou ademais un montón de datos, cantas troitas suele haber, cantas venden por mes, canto consumen a semana e canto custa .......
A continuación fomos a ver a desembocadura no rio Sil ali a auga chega tranquila, mesmo parece outro río ou que se cansou de tanto andar.
Por último ese día aproveitamos para visitar o Museo Etnográfico de Quiroga, podemos ver unha morea de cousas, algunhas temolas na nosa casa ou na dos veciños, outras nunca as viramos. Gustounos moito a explicación da elaboración do aceite, explicounos o traballo do ferro, que xa viramos en Vilar de Caurel en pequena escala, e gustounos moito o coche, o muiño de aceite os aparellos para cardar, fiar...a la
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario