Coma en anos anteriores celebramos o Samaín, este ano preparamos un conto de medo, entre todo o cole. Comenzaron os de infantil, e xa apareceron: meigas,pantasmas ...e mesmo unha planta carnivora, continuaron os do 1º e 2º ciclo, e chegou a nós que fixemos o cacho que aparece a continuación.

O día 30 de outubro pola tarde xa nos preparamos o mesmo acabar de comer, para asar as castañas, encendemos o lume, e todo continuou ata a hora de comer as castañas.

Mentras as castañas se asaban, Samuel e Ivan, dous alumnos de 4º da ESO leeronnos o conto, coma se fose un cantar de cego. Gustounos moito como o fixeron.
Por último comemos as castañas, que sempre son as mais ricas que comemos no ano. ¿Será pola compañia? ou Por qué será?
No hay comentarios:
Publicar un comentario