martes, 11 de noviembre de 2014

VISITA A RIBEIRA SACRA

A primeira parada era obligatoria no mirador de Soutochao, poidemos apreciar a diferencia de vexetación que hai entre a Provincia de Lugo, moito viñedo e a provincia de Ourense, moitas árbores.
                               








    Continuamos ata o embarcadoiro de Doade, si vas a Ribeira Sacra has de facer unha viaxe no catamarán,  foi unha experiencia doble por un lado unha viaxe en barco, e por outra a guia deunos un montón de información sobre os viñedos, os raís, o tipo de uvas, de viños ....ahora entendemos o da "viticultura heroica"









   Era hora de comer e aló nos fomos a Marcelle, xa estaban agardando por nos en Casa Felisa, despois da comida, poidemos disfrutar na Escola de Equitación, vimos os cabalos, explicaronnos as diferentes razas, por certo o velos todos xuntos é fácil apreciar as diferencias, logo vimos co se ensilla un cabalo, a continuación demos un paseo, iamos contentos e tranquilos pois confiabamos na monitora que non soltou as rendas do cabalo para nada.


Continuamos recorrido e chegamos a Gundivós, tamén nos agardaba Elias, un mozo que traballo o barro coma fai moitos anos, ensinounos a lareira que conservan no edificio, era a zona dos criados
Foi espectacular ver o alfareiro traballar, e tamen queremos agradecerlle que garde esta  forma de traballar, para ter cousas orixinais e interesantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario