martes, 21 de diciembre de 2010
martes, 30 de noviembre de 2010
Refráns
Refráns
De María Locay
Sacame a marzo se non pazo rasco.
Sea curuxa curuxea ou neva ou xea.
Se te morde un alacrán busca viño busca pan que mañá te
enterrán.
Amanda Arza Carballo
Cando a curuxa curuxea ou neva ou xea.
Se abres un porco verás o teu corpo
Sandra Vilariño
Se queres vivir san levantate tempran.
Sandra López López
Si veñen as nubes de Foilevar colle o mallo e
ponte a mallar. E si veñen do Cebreiro colle a capa e o sombreiro.
Se en novembro escoitas que trona, a seguinte
Colleita será boa.
Alba Arias Fdz.Abril augas mil
Febreiriño corto cos seus dias vinteoito o que
ben contou vintenove lle encontrou.
Lluis Castro Potau
domingo, 21 de noviembre de 2010
LENDAS
LENDA DE NOCEDA DE CAUREL
Recollida por María Locay Na cova da Ceza había moitos mouros/as que vivian alí. Un mozo de Noceda, que era da casa de Xoque, foi levar os machos a beber a Ceza e unha moura estaba lavando e él díxolle si se queria casar con él, ela díxolle que si. Tuveron un fillo, pero ela non podia falar porque si falaba perdia as riquezas que lle deran os habitantes da Ceza. Despois de un ano coceron e ianlle queimar o fillo e ela falou e acabouselle a riqueza que tiña debaixo da pedra da lareira.
A MOURA DO CASTRO DE
MIRAZ
Esta lenda foi recollida por Alba que lla contou a Sra. Virginia que foi nada en Vilasibil
Conta a lenda ,que un señor viu unha moura peinandose cun peine de ouro.
A moura foi a Miraz pedir leite, e o señor, dono da casa, onde fora pedir a moura leite, enfadouse porque non llo quería dar.
O que muxira a muller do señor tiroullelo polo lombo adiante aos becerros , que quedaron blancos. Cando foron grandes, foi traballar con eles e co carro cargado, veu a mosca, e caeron os becerros por unha pena en baixo ata o río. Despóis foronnos buscar e xa viña a moura co carro, e traía unha campá e dicíalle aos bois: Garrido e arriba Bragado que o leite que foi quitado, polo carrelo che foi botado.
E tamén dixo: Está é a lenda da campá de Meiraos.
viernes, 19 de noviembre de 2010
O TEMPO DO CASTAÑAL
MAGOSTO NO COLE
E chegou o momento de celebrar que este ano tamén hai castañas. O día 4 de novembro foi o día elixido para celebrar o magosto.
Pola mañá tuvemos un obradoiro de escritura, que titulamos OS TEMPOS DO CASTAÑAL, sobre o tema das castañas, que, é o que vos amosamos neste apartado do blog.
Os soutos
Un souto e un lugar con vexetación e árbores os mais abundantes, son os castiñeiros.
Os castiñeiros son as árbores que dan as castañas. Poden acadar ata 20 ou mais m de altura,alguns necesitanse 2 homes ou mais para abarcalos.
Como estan distribuidas de forma aleatoria non hai eidos, e para coñecelos había e segue habendo unhas marcas conocidas por todos os vecinos, a marca era feita con unha macheta. Ahora para marcalos utilízase pintura, as marcas son II (chamadas petadas) e tamén letras coma una S, L porque se apellidaban Lopez, etc.
A parte das castañas, do souto cóllese a madeira, leña…e mesmo fungos, que nacen solos, de distintos tipos comestibles, non comestibles e velenosos. Tamen nacen os amorodos, silvas que dan as moras, mofo, líquenes que indican que os castiñeiros estan vellos pero que temos boa saude ambiental.
Os soutos axudan a que haxa diversidad de animais, esquius, cervos, ratos, curuxas…..porque lles
proporcionan castañas, herba fresca no veran e ramas de arbores.
As divisións do soutos son os reprexos feitos con terra e restos de fentos e maleza que se cortan para poder recoller mellor as castañas.
O souto está formado por adras ( trozos de terra plantadas de castiñeiros) polos que os vecinos pagan os impostos, e coidan pois están orgullosos de eses soutos de tal maneira que o mellor souto e o do paisano que fala.
AS CASTAÑAS
As castañas son froitos dos castiñeiros que se dan no castañal, estan protexidos por ourizos.
Hai varios tipos de castaña: Cunhas distintas formas e cores: as bravas, as vilachás, as verdias, de presa , as regueironas...
As castañas son, verdes que son as que caen do ourizo e as secas que se collen as castañas verdes botanse na caniceira ( é un cuadrado grande
que esta feita por madeira donde hai unhos furadiños, e esta feita nun lugar vello e esta alto, debaixo de ela faise o lume na lareira que e un cadrado grande feito por cemento e cando pasen dias removense e sacaselles a cascara porque as botan con cascara e logo límpanse e escóllense
As castañas sirven para que, as persoas , os animais salvaxes e os da casa coman, a xente, tamen as vende para ganar cartos e logo comprar outras cousas.
As castañas podense comer: asadas, podense asar no tambor riba da cociña e no forno e cortanlles un cachin na punta e botalas riba da cociña, tambor ou forno e deixas que se asen .Tamen se comen cruas.Comense cocidas, cócense na pota con cascara ou sin ela e sirven para facer caldos e tamen para comer con chourizos tamen con leite...
Sirven para pasteleria:Para facer tartas de castaña, madalenas e mais pasteles e para facer galletas de castaña e mais cousas.
A paisaxe no castañal
As cores mais típicas das paisaxes no castañal son:
Podemos apreciar varios tipos de plantas, segundo a cor e a estatura,por ejemplo: xestas, fentos, silvas, flores …
Tamén hai varios tipos de árbores ,por ejemplo os castiñeiros coas castañas, pereiras, coas súas peras, mazairas coas súas mazás. Hai árbores máis altas cas outras como os pinos … tamén mais gordas como os castiñeiros …
Vense minerais como as pedras , a lousa, a mármore. As pedras serven para construir varias cousas como por ejemplo a lousa os teitos ,a mármore as cociñas, as pedras as casas…
Tamén forman parte da paisaxe os animais, pero necesitaríamos moita sorteo u moita paciencia para poder observalos.
No final do castañal cáenlle as follas os castiñeiros e o solo queda cuberto de follas, parece una alfombra mullidiña
Tamén lle caen as castañas e a xente vai apañalas.
Ofinal do outono e mais fácil ver cazar a algunos animais como a curuxa, aiga os animais mais pequenos como os ratos …do souto xa que a folla non lles tapa a vista. O outono da paso o inverno que muda outra vez a paisaxe xa que o souto queda desnudo sen una folla solamente alguna matogueira de arbustos que mostran una cor verdosa. Pero eso é outra época da que xa vos contaremos
As 13 horas fomos a reunírnos co resto dos membros do colexío e xa había unha fogata con un tambor cheo de castañas, demoslle algunha volta para que non se queimaran, mentras se seguían asando xogamos un pouco e a comer: Pinchos de tortilla, queixo, xamón etc, e o que non puido faltar “As castañas”.
As castañas estaban boísimas. ¡Case acabamos con todas!
Despóis de comer, un home orquesta veu visitarnos. ¡A verdade e que non esperábamos un home tan gracioso cos pequenos e cos maiores!Cantamos con el, bailamos...Algúns disfrutaron imitando os seus instrumentos, os pequeníños tocando os instrumentos que o home traía.¡Foi moi divertido!
Antes de irnos para a casa estivemos xogando a varios xogos:Tres en raia, a rá, o brilé, a zapatilla por detrás...
É foi así! Esta festa merécese 500.000 aplausos.
sábado, 30 de octubre de 2010
SAMAIN
Nos os alumnos do Terceiro Ciclo de Primaria, dacordo coa profesora de galego dos alumnos/as da ESO queriamos darlle un susto o resto do Colexio, porque estamos en Samain, e entramos nunha aula que non utilizamos a cotío, e sabedes o primeiro susto levamolo nos pois estaba chea de arañas morcegos...
e o peor fantasmas e calaveras, total o susto levamolo primeiro nos, pero aqui non acabou pois os alumnos de 1º da ESO, que tamén estaban compinchados con Rosa (mesma profesora) e comenzaron a ler unha historia de medo xusto cando nos nos recuperabamos do susto da clase ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡queeeeeeeeee medoooooooooooo!
Pero nos non iamos a quedarnos atrás e comenzamos a contarlles a nosa historia, unha historia escrita por Anxel Fole, que conta o que lle pasou a un señor do Páramo, por certo a nosa mestra díxonos que ela coñecera o señor, posiblemente nos contou unha mentira, pero mellor así. O medo foi tremendo para todo o mundo.
Pasámolo xenial. por eso o contamos aqui, e tamen bos desexamos Bon día de Samain e ollo que o día de Samain pode pasar calquera cousa
e o peor fantasmas e calaveras, total o susto levamolo primeiro nos, pero aqui non acabou pois os alumnos de 1º da ESO, que tamén estaban compinchados con Rosa (mesma profesora) e comenzaron a ler unha historia de medo xusto cando nos nos recuperabamos do susto da clase ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡queeeeeeeeee medoooooooooooo!
Pero nos non iamos a quedarnos atrás e comenzamos a contarlles a nosa historia, unha historia escrita por Anxel Fole, que conta o que lle pasou a un señor do Páramo, por certo a nosa mestra díxonos que ela coñecera o señor, posiblemente nos contou unha mentira, pero mellor así. O medo foi tremendo para todo o mundo.
Pasámolo xenial. por eso o contamos aqui, e tamen bos desexamos Bon día de Samain e ollo que o día de Samain pode pasar calquera cousa
jueves, 28 de octubre de 2010
O pobo de SECEDA
O pobo de Seceda
Por Sandra Vilariño Rodriguez
Seceda é un pobo que conserva as características dun pobo antigo porque está restaurado .
Fai anos habìa moitas casas,pero hoxe na maioría non habita ninguén, sò hai 4 casas habitadas .
As casas son de pedra ,os teitos de lousa e a maioria teñen corredor , os corredores son moi típicos de esta zona.
As casas están unidas por solainas,para facelas poñeron unhas vigas que están atravesando o camiño, e tapan a calella (calle, ou rúa) , para que a xente non tubera que sair fora e o mesmo tempo aproveitaban e ampliaban a casa.
As ruas estan feitas de chapacuña, unhas pedras postas no chan de maneira que o mesmo tempo que fan que estea limpo, as ruas conservan a antigüedade
No pobo hai Sequeiros nos que a xente secaba as castañas .
Fora do pobo hai unhas construcions que se chaman cabanas .A ntes utilizabanse para meter a herba e o gando.
COVAS DO CAUREL
As covas de Paderne
Por Amanda Arza Carballo
En Paderne hai moitas covas que parecen que non son peligrosas pero poden chegar a selo, porque son moi fondas e moi largas tan largas que poden chegar a outro sitio. Nas covas a auga cai e vai formando como estelitas que son como unhas figuras que teñen punta.
As covas estan formadas por pedra e barro, son de color parecido o mármol.
Aquí algunas covas estan tan estreitas que hai que pasar agachados, algunhas as suas estelitas van facendo dibujos en formas de figuras preciosas .
Para entrar nestas covas, e nas demais, hai que ir
preparados con linternas, roupa e zapatos cómodos porque sinon pòdeste torcer un músculo ou romper un óso .
AS COVAS DE NOCEDA DO CAUREL
Por María Locay López
No meu pobo, Noceda, hai varias covas, como a da Ceza, a de Covas ou a de Pozos. Nesta ocasión comentarei algo das dúas primeiras.
A cova da Ceza está situada ó noroeste do pobo, a un quilómetro aproximadamente e podemos chegar a ela en coche ou a pé. Esta cova, de rocha caliza, tén uns 700 m de lonxitude e grandes salas comunicadas por pasos doados de atravesar.
Ó longo da mesma podemos ver diferentes formacións na rocha, como estalagtitas ou estalagmitas. Está percorrida por un regato que nace nun lago situado ó final da cova, sendo o maior percorrido practicable de río soterrado coñecido en Galicia. Este remata nunha pequena catarata situada ó pé dunha fonte, a da Ceza, á que imos lavar mantas no verán, por exemplo.
É frecunte ver durante todo o ano e sobre todo nas fins de semana excursións de estudantes ou espeleolólogos que veñen visitala.
A cova de Covas ou de Xato (chámase de Xato porque está situada nunha finca desta casa de Noceda) localízase un pouco arriba do pobo e pódese chegar a ela só a pé, xa que este camiño é de pedra. A súa entrada é bastante amplia e tén sobre 100 metros de lonxitude.
Nesta cova fixéronse numerosas investigacións arqueolóxicas para tratar de saber un pouco máis sobre o pasado desta zona de Galicia. Non se atoparon restos humanos prehistóricos pero chegouse á conclusión de que esta caverna foi moi posiblemente un cubil de animais fai decenas de miles de anos, xa que apareceron, entre outros, restos de oso pardo e de oso das cavernas, un animal moito máis corpulento que o anterior. Tamén foron atopadas cerámicas da época romana que están relacionadas con posibles asentamentos puntuais dos romanos por estas terras, en relación cos castros ou coa actividade mineira do Caurel.
Existe unha lenda sobre esta cova que permanece viva co paso do tempo gracias á súa transmisión xeración tras xeración.
Fai moito tempo, segundo dicían os nosos antergos, vivían os moros na cova de Covas e era frecuente que Sabeliña, unha nena de Noceda, fora cos cochos para os seus arredores. Un día desafortunado os pais da nena viron que tardaba moito en voltar para a casa con eles e a súa nai foina buscar alí, ó entorno da Cova de Xato.
-Sabeliña, Sabeliña onde andas- chamaba a nai pola filla.
-Sabeliña sabe ben, fritidiña na sartén, veña vostede tamén- respondeu un moro dende o interior da cova…
martes, 19 de octubre de 2010
AS CASAS TÍPICAS DO CAUREL
AS CASAS TÍPICAS DO CAUREL
Por Alba Arias Fernández 6º de primaria
As casas típicas do Caurel son de pedra, madeira.. e os teitos son de pizarra . Teñen alto e baixo e, aproveitando a inclinación do terreo dan a calella ou rúa, tanto o 1º andar coma o baixo.
As habitacións eran de madeira tanto o chan como o faiado.
No 1º andar están a cociña,habitacións… e no baixo están as cuadras onde había animais , que axudaban a dar calor servendo de calefacción.
As división eran de pedra (muros de ata mais dun metro) ou de barrote (tabique feito con varas de madeira e barro ,serrín, virutas ,cal etc) , estes tabiques, tamen serian de muros exteriores que estaban orientados o norte .Tamen utilizaban tablas para facer as división.
Onde se facía o lume para cociñar era a lareira. A lareira estaba feita de unha pedra , tamén se compoñía do murillo que era de ferro e servía para que a leña se apoiara por unha parte para que non estivera pegado ao suelo e ardera mellor, algunos tiñan unos cubiletes para poner as tazas para manter a comida quente a xente que xegaba tarde a comer. O burro era onde se colgaba o caldeiro para cocer a comida do gando, tamén estaban os trespies que eran para asentar as potas para facer a comida. O cunqueiro onde se colocaban as culleres etc, e as lacenas onde se metía a comida, as tixolas, as potas, a ola...
Na lareira ou próximo estaba o forno e a maseira, onde se amasaba e logo tamén para meter o chicho o pan… E o forno para cocelo pan.
Tamén había o cubo, esto era un tubo de feito de madeira que ia dar o maseiro dos cochos e que servía para botarlles a comida sen que a ama tivese que sair fora á neve, choiva…
sábado, 2 de octubre de 2010
Comenzo dunha ilusión
Hoxe os alumnos do Terceiro Ciclo de Primaria do Caurel vamos a comenzar unha aventura creando un blog, durante esta semana estaremos facendo probas, para a próxima esperamos facer algo interesante.
2 de outubro do 2010
2 de outubro do 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)