sábado, 30 de abril de 2011

Viaxe Quiroga- Médulas-Villafranca del Bierzo

15 de abril de 2011. 10 da mañá. Saindo do patio do Cole rumbo a :
Durante 3 ou 4 km seguimos o curso do Rio Lor, as árbores comenzaban a agromar e xa nos indicaban a cantidade de especies que hai. Continuamos ruta, pero xa ascendendo, e o río segue pero xa se ve ao fondo. Chegamos a Folgoso , alí a primeira parada, estaban tirando un eucalipto, pensamos que era por precaución, pero a nosa sorpresa, caen e chegou ata o outra lado da estrada, ¡ Que alto era!. Subimos ata o Alto do Boi, vexetación de uces e pinos. Chegamos o Val de Quiroga e xa se ven , viñedos, mimosas, olivos, laranxas…
Museo Etnográfico de Quiroga:

Á maioria encantoullo a sala dedicada o aceite, a súa elaboración foi todo un descubrimento, eso de darlle voltas o muiño, ten o seu aquel, pero o añadirlle a auga para rebaixarlle a acidez xa nos sorprendeu mais.


     A Fragua toda unha sorpresa, os martelos grandes para o axudante e o pequeniño para o ferreiro, sacounos as ideas de traballar o ferro, e eso que había cousas ben curiosas e ben bonitas pero….moito traballo. 
  Na sala do pendello, non sabias a onde mirar, arados, carro, xugos…..¡que pila de apeiros!. O que nos gustou moito foi un carro de man, porque era feito con madeira.
      Vimos tamén a sala onde estaba a lareira, alí reuníasen os familiares, quentabanse o lume, contaban historias… hai un montón de cousas pero, os candiles de gas, de carburo, e os ardentes que eran as bombillas de antes, si que nos chamaron a atención.



     A sala do textil tamen é moi chula e interesante,   o liño, a la,  tanto o tinguido coma a elaboración das teas para logo facer roupa, o funcionamento dun tear….

    A Carpintería, que cantidade de ferramentas e que cousas máis bonitas facían coa madeira.
    Unha habitación coa cama, un quentacamas,  os palanganeiros…
    A sala do viño, as distintas clases de uvas e por consiguiente de viños. A aguardiente, e distintas formas de recipientes, e  un detalle o odre feito coa pel dunha cabra.
Habia tantas cousas estuvemos 2 horas e tuvemos que continuar, pero antes vamos a contarvos algo que nos sosprendeu un coche qu efixo un señor de Quiroga, e polas costas arriba tiñan que baixar os pasaxeiros e empurrar e outro artiluxio un tacatá ou andador para meniños, é facil saber cal é cal polas fotografias.
 
     Despois Montefurado
   Tamen nos desplazamos para ver unha central hidroeléctrica  por fora, pois somos moi pequenos para velas por dentro.
  E xa para  Las Médulas  ali comemos rapidamente, porque xa había un guia esperando por nos 1º a visita o centro de interpretación e despois continuamos ata o mirador de Orellan, entramos na galeria e logo un paseo polas minas par volver o Lugar de Las Medulas, coller o Autobus e rumbo a Villafranca.

NO non olvidamos de contemplar o Lago de Carucedo, por certo aves non vimos, solo estes paxaros
                                                           


sábado, 9 de abril de 2011

2º bloque dos traballos para a Profe

Centóns

Refráns :
Ben tes que saber
Pos cogumelos coller.

Cando a curuxa curuxea
ou neva ou xea.
Centóns
Pos cogumelos coller
Cando a curuxa curuxea
Ben tes que saber
Que ou neva ou xea.

Ben tes que saber
Cando a curuxa curuxea
Pos cogumelos coller
Que ou neva ou xea
Autoras:
Sandra López 5º
Sandra Vilariño. 5º


Refráns:
Marzo ben feito
Patacas a eito.

Febreiriño corto
Cos seus 28
E o que ben contou
29 lle sacou.


Centón
Febreiriño corto
Marzo ben feito
O que ben contou
Patacas a eito
Cos seus 28
29 lle encontrou.
Autor:
Lluis Castro .5º



Refráns
A donde vai Vicente
Vai a xente

Sacame en marzo
Se non pazo rasco

Centón
Adonde vai Vicente
Sácame en marzo
Vai a xente
E se non pazo rasco.
Autores:
Amanda Arza 5º
Samuel Vilariño 6º.



CADAVER EXQUISITO

Tema A AUGA

As ondas do mar
veñen e van, pero
sempre están no mar
coma un reguin
non chegan o fin.
A auga sen parar
nas olas o chegar
podente mollar.
Auga cristalina
auga que cae do ceo
Que medo me da
Auga que me molla
Auga que me encontra
Auga que me leva
polo rio abaixo
ata o mar parar
Quero que me volvas
coma un anxo, xa.
Auga, auguiña, auga
limpia e clara auga
se te poidera coller
ibate beber.
Auga doce e cristalina
doce amiga
teño ansias de te ver
nun vaso, no mar
e no río
e escoitar o teu ruido.


A PAZ
Se eu pudera facer maxia
un, dous, tres,
as pelexas e a guerra
facía desaparecer,
E os nenos e as nenas
¡que ben iban a crecer!.

A paz é amor
A paz é dulzura
A paz é frescor
A paz é ternura
A paz non é dor
A paz non é guerra
A paz é mellor.


A paz non ten precio
Se queres a paz
Solo tes que amar,
Respetar e axudar.
A paz é alegría
A paz é amor
A paz é bonita
A paz é mellor.


A paz é algo bonito
Algo exquisito
Si con moito agarimo
A paz está nas persoas
Si nos botamos un cable
Si somos todos amables.



Coa paz hai alegría
Amor e compañía
Sempre paz e mais paz
Con amor e ternura
Todo o mundo en paz
E sen amargura.

O amor é paz
A ledicia é paz
O cariño é paz
E todos con todos
Vivamos en paz
Pondal
Non, non é na súa casa
nin á vista dos seus pais,
onde se buscan as nenas
para con elas falar;
mais debaixo das túas follas,
onde testigos non hai:
¡ouh, figueiredo de Mórdomo,
de Mórdomo, ouh, figueiral!

Amanda e Sandra V. 5º dicen:
Non, non é nas súas habitacións
onde tes que falar con elas
sinon nos seus corazons
para namorar as doncelas;
maís os seus pequenos corazóns,
encherasllos co teu amor:
¡Ai!, namorador de doncelas
que te namoraches dela.


Rosalia
¿Qué pasa ó redor de min?
¿Qué me pasa que eu non sei?
Teño medo dunha cousa
Que vive e que non se vé.
Teño medo a desgracia traidora
Que vén, e que nunca se sabe onde vén.

Lluis e Maria 5º
¿Qué anda detrás de nos?
¿Quen chega sen nos saber?
Temos medo dunha cousa
Que anda por ahí a correr
Temos medo a morte traidora.
Que nunca se sabe onde,ou cando ven.



Uxío Novoneyra
Canta o cuco cala e canta
dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e non di nada
e volta o cuco a cucar.

Samuel e Alba 6º
Oubea o lobo no castañal
oubea pola serra e polo val.
Pasa o tempo da friaxe
e volta o lobo a oubear.

OBRADOIRO da ESCRITA 1º bloque

A Mestra está facendo un curso por internet sobre a expresión escrita e pediunos que nos puxéramos a práctica do que andaba a aprender ela. Gustounos, pasamolo ben, ainda que as veces nos deu que pensar, pero vamos amosarvos os resultados.

TAUTOGRAMAS:
Carla canta cancións coa cadela . canta cantígas cal cantareira cantora. Carla Carlita Carlera canta cal cascabelera, cando cae canta cantígas calqueras.
Calquera cousa ca colla comea. Carla come cocacola con castañas crúas, cachelos con cerrotes con cachola…. Cociña cancións con cogumelos, contos con caramelos, cenoiras con caracois, cantares con cereixas coloradas, cancións con corazóns cobardes, consomé con consonancias, concordia con comitancia, concluindo, concatenando comunicados.
LEMBRO
Lembro que me caín das escaleiras dos meos avós
Lembro que me cain dun muro
Lembro que me din contra unha farola
Lembro que me quedei encerrada nun ascensor
Lembro que fun a Paris
Lembro que subin a Torre Eifel.
LEMBRO
Lembro cando me tirei polo tobogán e me manquei
Lembro cando miña tía me regalou o xogo de Enerxia Solar
Lembro as caricias do meu avó
Lembro cando caín da cama
Lembro cando me compraron un triciclo.

LIBRE
Esta música é como si estuvera alguén botando, e despois parece que sobe e baixa, imaxino que alguén está drixindo para tocar. Tamén é como si fora un grupo, relaxate e dache ideas.
Pode ser amabilidade e dulzura, pero o pouco parece que vai pasar algo malo. Tamén é coma si fora falar alguen, nese momento a profe mandounos comer caramelos, sabe a café , que rico!! Ahora parece como si fora algo triste ahora teño a sensación coma se volverá a ver unha persoa que está lexos.
LIBRE
Esta música ten unha melodía preciosa, vai moi de prisa primeiro soa algo forte e logo silenciosa e asi todo o tempo a min esta música apórtame alegría, e moi bonita logo pasado un tempo apórtame medo, logo xa parece como si tivese amabilidade , dulzura, agarimo, mimo.
Empezo a comer un caramelo sabe a café ahora súmase doce do caramelo o doce da música, mel. O caramelo ablandase e a Música soa forte intento saborear o ritmo da música, pero o caramelo ablandase e curioso a música sona suave e asi seguimos un ratiño blando- suave blando suave a Música sobe de tono e o caramelo de baixa de tamaño , remato o caramelo e a Música segue soando, a música remata e sento un baleiro, pero a profe reparte un caramelo e xa están todos falando da música dos caramelos ….



Anita lava la tina
A ti no bonita
Ana lava lana
Amo la paloma



Antía buscando colaboración descubriu estudiantes fatigados grabando habaneiras isosilábicas. Kuros loucos, llanamente malfadados, Noctámbulos ñoños, ofensivos. Preñados querubines . Rechamantes sereas, teimudas . Ursos variopintos xeralmente zarabetos.

Anxo buliu, correndo deprisa, entusiasmado, fixo gracias, iluminando laranxas, mentras nós , ñopos, ordeamos parellas que Ramón sabias todas.
Unicamente vamos. Xa zarparemos



Compañeiros da vida
Camaradas de traballo
Contádeme esas alegrías
Casualidades fortes da vida
Consignas do traballo
Cursos florecidos de froitos
Conseguidos de anceios…
Consolos, agarimos en fin
Contádeme do voso, meos amigos
Cantádeme sorrisos

TRABALINGUAS
O esquio esquiou cos esquís, cae co queixo é o queixo queimou, guindou o queixo que apreixou na queixeiría “os queixos” e esquenceu as queixas do queixicas do queixeiro e tiroulle o queixo o queixo do esquio e o esquio gindoulle o queixo ó queixo do queixicas do queixeiro.

Esto que vai a continuación é obra da mestra, non sería xusto que nos o fixeramos todo. Olema da nosa aula é compartir todo, asi que estes traballos tamén.
Lembro as noites de inverno, xuntos ao carón do cachón de lume da lareira.
Lembro as conversacións cos meus pais e meus irmans.
Lembro a Pepe de Cela presentandolles problemas de matemáticas a meus irmaos para asi aprender él mais e mellor.
Lembro o pote do caldo riba dos trespés.
Lembro o murillo sencillamente un ferro sencillo.
Lembro a suavidade das mans callosas dos meos pais cando me acariñaban.
Lembro a unha nena que lle decían que cantaba ben, cantar e bailar.
Lembro …lembro xa solo lembro.