Durante 3 ou 4 km seguimos o curso do Rio Lor, as árbores comenzaban a agromar e xa nos indicaban a cantidade de especies que hai. Continuamos ruta, pero xa ascendendo, e o río segue pero xa se ve ao fondo. Chegamos a Folgoso , alí a primeira parada, estaban tirando un eucalipto, pensamos que era por precaución, pero a nosa sorpresa, caen e chegou ata o outra lado da estrada, ¡ Que alto era!. Subimos ata o Alto do Boi, vexetación de uces e pinos. Chegamos o Val de Quiroga e xa se ven , viñedos, mimosas, olivos, laranxas…
Museo Etnográfico de Quiroga:

A Fragua toda unha sorpresa, os martelos grandes para o axudante e o pequeniño para o ferreiro, sacounos as ideas de traballar o ferro, e eso que había cousas ben curiosas e ben bonitas pero….moito traballo.

Vimos tamén a sala onde estaba a lareira, alí reuníasen os familiares, quentabanse o lume, contaban historias… hai un montón de cousas pero, os candiles de gas, de carburo, e os ardentes que eran as bombillas de antes, si que nos chamaron a atención.
A sala do textil tamen é moi chula e interesante, o liño, a la, tanto o tinguido coma a elaboración das teas para logo facer roupa, o funcionamento dun tear….
A Carpintería, que cantidade de ferramentas e que cousas máis bonitas facían coa madeira.
Unha habitación coa cama, un quentacamas, os palanganeiros…
A sala do viño, as distintas clases de uvas e por consiguiente de viños. A aguardiente, e distintas formas de recipientes, e un detalle o odre feito coa pel dunha cabra.
Despois Montefurado
Tamen nos desplazamos para ver unha central hidroeléctrica por fora, pois somos moi pequenos para velas por dentro.