sábado, 9 de abril de 2011

OBRADOIRO da ESCRITA 1º bloque

A Mestra está facendo un curso por internet sobre a expresión escrita e pediunos que nos puxéramos a práctica do que andaba a aprender ela. Gustounos, pasamolo ben, ainda que as veces nos deu que pensar, pero vamos amosarvos os resultados.

TAUTOGRAMAS:
Carla canta cancións coa cadela . canta cantígas cal cantareira cantora. Carla Carlita Carlera canta cal cascabelera, cando cae canta cantígas calqueras.
Calquera cousa ca colla comea. Carla come cocacola con castañas crúas, cachelos con cerrotes con cachola…. Cociña cancións con cogumelos, contos con caramelos, cenoiras con caracois, cantares con cereixas coloradas, cancións con corazóns cobardes, consomé con consonancias, concordia con comitancia, concluindo, concatenando comunicados.
LEMBRO
Lembro que me caín das escaleiras dos meos avós
Lembro que me cain dun muro
Lembro que me din contra unha farola
Lembro que me quedei encerrada nun ascensor
Lembro que fun a Paris
Lembro que subin a Torre Eifel.
LEMBRO
Lembro cando me tirei polo tobogán e me manquei
Lembro cando miña tía me regalou o xogo de Enerxia Solar
Lembro as caricias do meu avó
Lembro cando caín da cama
Lembro cando me compraron un triciclo.

LIBRE
Esta música é como si estuvera alguén botando, e despois parece que sobe e baixa, imaxino que alguén está drixindo para tocar. Tamén é como si fora un grupo, relaxate e dache ideas.
Pode ser amabilidade e dulzura, pero o pouco parece que vai pasar algo malo. Tamén é coma si fora falar alguen, nese momento a profe mandounos comer caramelos, sabe a café , que rico!! Ahora parece como si fora algo triste ahora teño a sensación coma se volverá a ver unha persoa que está lexos.
LIBRE
Esta música ten unha melodía preciosa, vai moi de prisa primeiro soa algo forte e logo silenciosa e asi todo o tempo a min esta música apórtame alegría, e moi bonita logo pasado un tempo apórtame medo, logo xa parece como si tivese amabilidade , dulzura, agarimo, mimo.
Empezo a comer un caramelo sabe a café ahora súmase doce do caramelo o doce da música, mel. O caramelo ablandase e a Música soa forte intento saborear o ritmo da música, pero o caramelo ablandase e curioso a música sona suave e asi seguimos un ratiño blando- suave blando suave a Música sobe de tono e o caramelo de baixa de tamaño , remato o caramelo e a Música segue soando, a música remata e sento un baleiro, pero a profe reparte un caramelo e xa están todos falando da música dos caramelos ….



Anita lava la tina
A ti no bonita
Ana lava lana
Amo la paloma



Antía buscando colaboración descubriu estudiantes fatigados grabando habaneiras isosilábicas. Kuros loucos, llanamente malfadados, Noctámbulos ñoños, ofensivos. Preñados querubines . Rechamantes sereas, teimudas . Ursos variopintos xeralmente zarabetos.

Anxo buliu, correndo deprisa, entusiasmado, fixo gracias, iluminando laranxas, mentras nós , ñopos, ordeamos parellas que Ramón sabias todas.
Unicamente vamos. Xa zarparemos



Compañeiros da vida
Camaradas de traballo
Contádeme esas alegrías
Casualidades fortes da vida
Consignas do traballo
Cursos florecidos de froitos
Conseguidos de anceios…
Consolos, agarimos en fin
Contádeme do voso, meos amigos
Cantádeme sorrisos

TRABALINGUAS
O esquio esquiou cos esquís, cae co queixo é o queixo queimou, guindou o queixo que apreixou na queixeiría “os queixos” e esquenceu as queixas do queixicas do queixeiro e tiroulle o queixo o queixo do esquio e o esquio gindoulle o queixo ó queixo do queixicas do queixeiro.

Esto que vai a continuación é obra da mestra, non sería xusto que nos o fixeramos todo. Olema da nosa aula é compartir todo, asi que estes traballos tamén.
Lembro as noites de inverno, xuntos ao carón do cachón de lume da lareira.
Lembro as conversacións cos meus pais e meus irmans.
Lembro a Pepe de Cela presentandolles problemas de matemáticas a meus irmaos para asi aprender él mais e mellor.
Lembro o pote do caldo riba dos trespés.
Lembro o murillo sencillamente un ferro sencillo.
Lembro a suavidade das mans callosas dos meos pais cando me acariñaban.
Lembro a unha nena que lle decían que cantaba ben, cantar e bailar.
Lembro …lembro xa solo lembro.