sábado, 25 de junio de 2011

Traballos de Investigación 1ª parte ( Ás arbores)

NOGAL
                                          Juglans regia        (noceira,concheiro,nogal)
-Familia:(Junglandáecas)
Árbore monóica (relativo ás plantas que teñen nun só pé flores de dous sexos) de non máis de 30m, de coroa redondeada de tronco groso, encóntranse tanto en hortas como en beiras de camiños e entre campos de cultivo nas zonas de montaña húmida.
-Raìz: principal pivotante, ( que ten unha raìz da cal salen outras) que penetra moito no solo e   raìces laterais estendidas.
-Tronco: dereito, groso e cheo ( que ten a súa capacidade ocupada, por completo ou en gran medida.
-Cortiza: Lisa e gris-prateada cando nova, que escurece e fende pouco profundamente o envellecer.
-Copa: Alta, esférica, ampla e densa.
-Follas: de 30 a 40 cm caedizas, alternas,imparipinnadas (dise das follas pinnadas con raque terminado nun foliolo, polo que o número total de foliolos é impar) sen estípulas (apéndice par, máis ou menos desenvolvido e normalmente laminar. Cor verde escuro na face e mais pálidas no envés, con un olor moi característico.
-Flores: Unisexuais, verdosas diferenciandose unhas masculinas e outras femeninas. Florece entre abril e maio.
-O froito  é unha drupa ( fruto carnoso que ten dentro un só óso ) madura entre setembro e outubro.
Ésta árbore é moi apreciada, polo froito e pola madeira.
A crencia popular dice que a súa sombra é moi mala, xa que si dormes debaixo dunha te levantas con dor de cabeza e cos ollos inchados.
O froito e bon para baixar o colesterol, tamen dicen que potencia os efectos do alcohol.
E moi usadas en repostería .
Dicen que a nogueira absorbe o iodo.



                   CARBALLO  QUERCUS


Árbore monoica de ata 30 m.
    Raices : potente,  cunha raiz principal pouco profunda e as secundarias moi desenvolvidas.
Tronco:dereito
Cortiza :primeiro cincenta finalmente pardúcea e gretada nos exemplares vellos .
Copa:alta, ampla, máis regular e máis esbelta que a do Quercus  Robur .
Flores unixesuais . As flores masculinas en amentos colgantes con 5-7 sépalos e ata 10 estames e as femeninas en grupos de 1-3 rara vez 5, rodeadas por unha cuberta escamosa .
Familia:Quercus Robur.
Froito:belota. madura entre setembro e outubro.
Descripción: ten casca gris,fisurada en placas verticais .As follas son de 10-12 por 7-8cm;con 5,7 pares de lobulos poucos marcados.




 NEGRILLO    Chopo negro.
 Descripción: Casca esgrezada, nos adultos pódense observar abultamentos  con xeito de tumores dos que agroman ramiñas nalgúns  ejemplares. As follas son caducas, alternas de 5-10 cm; deltoides, as veces moi variables, beiras dentadas ,paos, con peciolo longo aplastado, xermos resinosos e de cor escura.
         Árbore dioica de 30 m, con flores e amentos. Os masculinos colgantes, grises, logo rubios, e cada flor con 8-20 estames.
Os femeninos tamén colgantes, verduxos.
             Os froitos en racimos péndulos, son cápsulas deshiscentes con numerosas sementes rodeadas de penachos de pelos.
          Está naturalizado en zonas cálidas, á beira dos ríos, e é moi frecuente en parques, xardins e beiras das estradas podendo observarse hermosas exemplares.
         Raiz: principal forte e raices secundarias , que emiten renovos ,someas e estendidas.
     Tronco:dereito e groso.  Cortiza:Primeiro cincenta e lisa, logo fendida ao longo, formado entre as fendas unhas costelas negras às que debe o  seu nome, e uns abultamentos  moi caracteristicos .
     Copa: Baixa  ,ovoide, cónica  ou  fastixada , aberta e pouco densa.
      Follas: Caedizas, simples, alternas, provistas, dun longo e flexible peciolo de 2-6 cm. En outono adaquiren unha coloración amarela ou dourada.
      Flores: unixesuais,  verdosas ou avermelladas.
    Sementes: Pequenas, numerosas de cor parduzca e cuberta dunha peluxe algodonosa. Madura a finais de primavera.
           Familia:Salicaceae.

CHOPO
Chopo branco:                Nome cientifico:Populus alba L.

Àrbore dioica de ata 25m. Sistema radical forte, moi ramificado, coa raìz principal profunda e as raices secundarias, que emiten moitos renovos,someras. Tronco dereito ou flexuoso e cilindrico. Corteza lisa e branca-verdosa nos pes novos, gretada e marròn escura na base do tronco dous exemplares vellos .Copa, alta ampla, aberta,irregularmente ovoide e clara.
Follas de 4-9*3-7cm que poden chegar ata 6-12cm, caedizas,simples,alternas,con peciolo longo.
Flores:Unisexuais,verdosas,coa  envolta floral reducida a un disco, as masculinas povistas de unha escama     irregularmente crenada-dentada e pilosa,con 8-10 estames,agrupadas en amentos de 3-6 cm colgantes, cilindricos e lanosos. As femeninas cunha escama festoneada ou case enteira e pilosa, ovario sùpero, estilo moi curto e 2 estigmas bipartidos coas ramas divirxentes formando unha cruz, agrupadas en ametos de 4-10 cm,màis longos e delgados que os masculinos. Floraciòn precoz,entre febreiro e abril.
Froito: È Unha càpsula de 4mm,oblongo-cónica clara, que na madurez se abre por 2 valvulas. Sementes pequenas numerosas e provistas de penacho de pelos.
A madeira non ten valor, utilizase para facer caixas de embalaxe.
 As follas e a cortiza ten valores astrinxentes.
As ramas e as cortizas usabanse para facer un tinte amarelo.
É bon para facer sombra e para fixar as márxenes de ríos é regatos. Tamen para xardins para defender do vento.

 A MIMOSA



A mimosa ou mimosa común [Acacia dealbata Link] é orixinaria de Austria .Habita na zoa litoral e escasea no interior .

É  unha árbore de ata  20m .As raices son oblicuas ,o tronco é irregular ea cortiza verde azulada e lisa nos exemplares  novos e gris ou negra nos adultos .A copa é esferica e irregular .As súas follas [de ata 12 x 4cm] son  persistentes ,alternas ,doblemente divididas ,con 8- 20 pares de divisións [ cada unha destas división dividese á súa  vez en trinta pares de folíolos lineales de 3-4 mm cada un ] e de cor verde por ambas caras .As follas novas están cubertas dun tomento branquecino .As flores son pequenas ,moi olorosas e de cor amarela intensa,reunidas  cada 20-30 en grupos globulosos .Estes  grupos  reúnense á súa  vez en acios de ata 10cm ,situadas no extremo das ramas. Florece entre xaneiro e febreiro .O froito é unha legume marrón e pruinosa e a semente da mesma cor .Madura entre xuño e xullo .
  O seu principal uso é ornamental e a súa  madeira  ten utilidade en carpinteria .Hoxe en dia compórtase como especie invasora 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario