Partir os cochos
Para partir os cochos, poñense nunha mesa de madeira , e vanse despezando pouco a pouco cun machado e cun cóitelo ben afiado: A cachola, os lacóns, os xamóns, as costrelas, as uñas, os touciños e a soá co rabo… tamén hai que desfrebalo, que consiste en separar as frebas, os osos e os coiros.
maquina de picar |
Unha vez despiezado o cocho, sálase no maseiro con sal gorda: Os lacóns, xamóns, o hueso da soá, as uñas, a cachola, e os touciños. Deixanse máis ou menos no maseiro 15 días.
Esto faino o matador e mentras as mulleres pican as frebas na máquina de picar, para o salchichón e o chourizo.
Para facer a zorza, mézclase nunha tina grande: As frebas picadas, ourego, sal, allo, e pimentón é remexese ben
E para facer o mexunxe do salchichón mezclase noutra tina grande: A carne picada cun preparado especial para o salchichón, e remexese ben e tapase cun trapo e deixase repousar ata o día seguinte.
Ao día seguinte, probase a zorza freindoa na sartén sin aceite, para ver si está ben ou lle falta algún ingrediente, tamén se volve a remexer.
Para facer os chicharrons necesítase un cóitelo e unha pota grande. Empezanse: Cortando os coiros do cocho coa grasa, e derretindos na pota. Despóis esto que queda na pota prénsase quente nunha máquina, e queda unha forma cadrada.
Outros fanse sacándolle unha parte da graxa cun cóitelo e botanse a pota ata e daselles voltas para que estalen.
Dos ballos (tiras do centro da barriga) córtanse en cachos grandes, fríense e están boísimos.
E se se pode faise o salchichón collese a máquina de picar pónse o embude na máquina enchufase meteselle o emboado ponse a tripa gorda no embude e o salchichón vai collendo a forma