Para facer unha matanza necesitamos varias cousas , o primeiro e ter uns cochos ben cebados.
Tamén hai que ter xente, avisada con antelación, pois necesitanse homes para agarralos cochos e mulleres para desentrepartir e lavar as tripas.
Tamén hai que recoller pero xa no mes de agosto o ourego, e logo cómpranse tripas, pimentón, sal e o preparado para o salchichón, criollos, lomo. E como non tamén cousas para facela comida, pois ese día hai un montón de xente a mesa
Si, son necesarias outras cousas:A mesa de matar, a bañeira de escaldar, os coitelos, un cazo, un recipiente para o sangue, baldes e tinas, fontes, pratos, fiu, os chanciles … E a máquina de picar.
O día anterior tamén se preparan a cachola, o lacón e os chourizos para o almorzó.
En non podemos esquencer de facer: o roscón, as rosquillas, o brazo de gitano, o flan e algún outro doce para o día da matanza.
O día da matanza comenza cun almorzo a base de cachola, lacón, chourizos, queixo café e copa, e logo xa se vai a botarlle o lazo o cocho e levalo a mesa de matar para que o matachín ou sangrador o sangre (mate) cun cóitelo, mentres sangra, unha persoa (normalmente unha muller) recolle o sangue, e batea ata que arrefría, para evitar que se cualle; os cochos mortos vanse pousando nun montón de palla.
Unha vez mortos todos, lévanse de un en un a unha bañeira con auga quente (a 60 graos ) e métense nela e sácanse , ráspanse cunha paleta, tamén se lles quitan os ollos cun cóitelo, asi como as uñas.
Despois pónselles o chambaril ou chancil ( madeiro ou ferro curvo que se lles pon no fondo das patas do xamón) lévanse a un sitio que teña unha viga, cólganse, e con unha facha de pallas ou coa axuda dun soplete, repásanse para que non lles queden serdas (pelos) e lávanse cunha mangueira.
Logo homes e mulleres van a lavar as tripas e o matador queda na casa para facer os untos.