O DIA DOS CHOURIZOS
Hay que remexer a zorza outra vez, preparar as tripas (volvense a lavar en agua fría ou tépeda) e adaptase a máquina (colócaselle o funil).
Colócase a tripa no embudo, e por un buraco que ten a máquina por arriba vaiselle metendo a zorza e unha persoa vai tirando pola tripa para que se encha de forma conveniente.
As mulleres ou homes (por certo ese día axudanse os/as vecinos/as uns os outros) repartense en parellas e sentanse nunhas cadeiras, con unas alfaias, un pano, fiu e un cóitelo.
Reparten as tripas (xa coa zorza) e unha tasa e outra ata.
Cando están atados unha persoa ou mais segundo a xente ou o Colgadoiro, levanos a caniceira (piso por riba da lareira, de taboas separadas; para que suba o fume e o calor,que tamén se usa para secar as castañas) para que sequen; para elo faiselles un lume suaviño durante uns días.
Unha vez que están ben secos gárdanse nun gafarrón grande, en tarros ou mesmo en bolsas o vacío, bueno os que quedan porque xa a medio secar se empeza a comelos cocidos, asados… uf que ricos.
Este día tamén se fai o salchichón, ainda que as veces se se pode se fai o día anterior.
Necesitamos tripas gordas, cortanse e as mesmas parellas primeiro átanas por un lado enchense coa máquina coma os chourizos, para logo atalas polo outro lado, deixandolles un fio longo para colgalos. Tamén se poñen a secar e estes si que non se comen ata que están ben secos, logo gárdanse coma os chourizos